Anatomía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
*diseccionar: eliminar formas dun verbo que non é tal
Liña 3:
A '''anatomía''' (do [[Lingua grega|grego]] ''anatomē'', ‘disección’) é o estudo da estrutura, situación e relacións das diferentes partes do corpo de [[animal|animais]] ou [[planta]]s. É unha rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.
 
Durante séculos, os coñecementos anatómicos baseáronse na observación da disección de plantas e animais diseccionados. Porén, a compresión adecuada da estrutura implica un coñecemento da función dos organismos vivos. Por conseguinte, a anatomía é case inseparable da [[fisioloxía]], que ás veces recibe o nome de ''anatomía funcional''. A anatomía, que é unha das ciencias básicas da vida, está moi relacionada coa [[medicina]] e con outras ramas da bioloxía.
 
== Historia da anatomía ==
Liña 41:
=== Idade Moderna ===
[[Ficheiro:Vesalius_Portrait_pg_xii_-_c.png|miniatura|Gravado de 1542 mostrando a '''Vesalius''' publicado na páxina XII na edición de 1543 "''De humani corpóreos fabrica''".]]
Os estudos de anatomía e patoanatomia floreceron outra vez no Renacemento, onde os universitarios de Europa tiveron outra vez a posibilidade de diseccionarrealizar diseccións ós mortos, cousa prohibida durante a influencia do catolicismo.
Na [[Idade Moderna]], [[Michelangelo]] Buonarroti, pintor, arquitecto e escultor italiano fixo grandes obras como David. Dentro desta época tamén xurdiron importantes personaxes, como é o caso de [[Paracelso]], catedrático naqueles tempos da Universidade de [[Basilea]]. Un dos escritos médicos máis famosos de Paracelso foi ''Da Enfermidade dos Mineiros e outras Enfermidades de Mineiros'', que documentaba os riscos laborais do traballo con metais, incluíndo estratexias e tratamentos preventivos.
 
Liña 57:
[[Ficheiro:Da Vinci Vitruve Luc Viatour.jpg|miniatura|esquerda|Fotografía do manuscrito do [[Home de Vitruvio]].]]
 
Durante séculos os coñecementos anatómicos baseáronse na observación de diseccións a plantas e animais diseccionados. Con todo, a comprensión axeitada da estrutura implica un coñecemento da función dos organismos vivos. Por tanto, a anatomía é case inseparable da fisioloxía. A anatomía, que é unha das ciencias básicas da vida, está moi relacionada coa medicina (humana ou [[veterinaria]]) e coa [[botánica]]. É conveniente subdividir o estudo da anatomía en diferentes aspectos. Unha clasificación baséase segundo o tipo de organismo en estudo; neste caso as subdivisións principais son as de anatomía vexetal ou botánica e a anatomía animal ou veterinaria. De igual maneira, a anatomía animal subdivídese en anatomía comparada, cando establece as similitudes e diferenzas entre os diferentes tipos de animais e estirpes biolóxicas.
 
A anatomía tamén se pode clasificar segundo os procesos biolóxicos. Por exemplo, por unha banda, a anatomía do desenvolvemento (estudo dos embrións en diferentes etapas) e, pola outra, a anatomía patolóxica ou estudo descritivo dos órganos enfermos. Outras subdivisións, como a anatomía cirúrxica e a anatomía artística (como por exemplo na obra ''[[Home de Vitruvio]]'' de [[Leonardo da Vinci]]), baséanse na relación da anatomía con outras actividades baixo o título xeral de anatomía aplicada. Outra forma máis de subdividir a anatomía depende das técnicas empregadas, por exemplo a microanatomía, máis coñecida como anatomohistoloxía, que se basea nas observacións de células e tecidos obtidos con axuda do [[microscopio]].