Belarús: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ogaiago (conversa | contribucións)
Liña 71:
Belarús (en belaruso '''Bielaruś''') significa literalmente ''[[Rutenia branca]]'' (''Biel'' = Branco/a ''Rus'' -nome medieval que se daban os estados eslavos orientais xeralmente cun goberno monárquico que reunía a unha federación de "tribos"- ou ''Rusiya'' -Rusia-). Por este motivo ocasionalmente, especialmente cando se atopou baixo o dominio do [[tsar]]ato ruso a rexión era chamada en español '''Rusia Branca'''. En canto á cualificación de "Branca" parece derivar da cor emblemática elixida para diferenciala do pobo dos rusos e dos ucraínos.
 
Ata 1991, o país denominouse de acordo coa forma en [[lingua rusa]] (Белоруссия, ''Belorússiya)'' mesmo na [[Lingua belarusa|lingua propia do país]], alternando alí coa local (Беларусь, ''Belarús),'' ambas as dúas relacionadas etimolóxicamente co nome medieval''.'' Por esa razón, na meirande parte das linguas máis faladas do mundo o nome deste país baseouse tradicionamente no topónimo ruso: ''Byelorussia'' orou ''Belorussia'' en [[Lingua inglesa|inglés]], ''Biélorussie'' en [[Lingua francesa|francés]], ''Bielorussia'' en [[Lingua italiana|italiano]], ''Bielorrússia'' en [[Lingua portuguesa|portugués]] ou ''Bielorrusia'' en [[Lingua castelá|castelán]]. Noutras, como en [[Lingua alemá|alemán]] (''Weißrussland''), o topónimo é unha [[Calco léxico|tradución crúa]].
 
En 1991, canda a disolución da [[URSS]] e a independencia das repúblicas que a integraban, o Soviet Supremo da [[República Socialista Soviética Bielorrusa]] decretou que o nome do país había ser República de Belarús, tanto en belaruso coma en ruso (grafado Рэспубліка Беларусь, ''Respublika Bielaruś'' e Республика Беларусь, ''Respublika Belarus'' respectivamente). Dende entón, no eido diplomático, tódolos países empregan formas baseadas nesta forma oficial [[Lingua vernácula|vernácula]], incluída [[Rusia]], sen prexuízo de que organismos reguladores dalgunhas linguas manteñan a vixencia das formas anteriores e mesmo as recomenden con base na tradición da propia lingua e rexeitando mudanzas ao abeiro de resolucións políticas.<ref>{{Cita web|título=Беларусь или Белоруссия? Еще раз о том, как нам правильно называться|url=https://news.tut.by/society/84891.html|páxina-web=TUT.BY|data=2007-03-23|data-acceso=2019-05-13|lingua=ru}}</ref><ref>{{Cita web|url=http://lema.rae.es/dpd/srv/search?key=Bielorrusia|páxina-web=lema.rae.es|data-acceso=2019-05-13}}</ref>