Friedrich Nietzsche: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
m Desfíxose a edición 5194329 de 193.145.220.142 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 19:
'''Friedrich Wilhelm Nietzsche''', nado o [[15 de outubro]] de [[1844]] en [[Röcken]], [[Lützen]] nos arredores de [[Leipzig]], actual [[Alemaña]], e finado o [[25 de agosto]] de [[1900]] en [[Weimar]], foi un [[Filosofía|filósofo]], [[poeta]], [[músico]] e [[Filoloxía|filólogo]] [[Alemaña|alemán]], considerado un dos pensadores contemporáneos máis influentes do [[século XIX]].
 
Realizou unha crítica polo miúdo da [[cultura]], da [[relixión]] e da [[filosofía]] [[Occidente|occidental]], mediante a xenealoxía dos conceptos que as integran, baseada na análise das actitudes morais (positivas e negativas) cara áa vida.<ref>Deleuze, Gilles (1967). ''Nietzsche y la filosofía''. Anagrama: Barcelona, 2002, ISBN 84-339-0017-X.</ref> Este traballo afectou profundamente a xeracións posteriores de [[Teoloxía|teólogos]], [[Antropoloxía|antropólogos]], [[Filosofía|filósofos]], [[Socioloxía|sociólogos]], [[Psicoloxía|psicólogos]], [[ciencia política|politicólogos]], [[historiografía|historiadores]], [[Poesía|poetas]], [[Novela|novelistas]] e [[dramaturgo]]s.
 
Cavilou sobre as consecuencias do triunfo do [[secularismo]] da [[Ilustración]], expresada na súa observación «Deus morreu», dun xeito que determinou a axenda de moitos dos intelectuais con máis sona despois da súa morte.