Diferenzas entre revisións de «Taxonomía»

m
m (arranxiño)
Existen diferentes tipos de taxonomías referidas a diversos campos:
 
A '''[[Taxonomía (bioloxía)|taxonomía biolóxica]]''' nace da necesidade de poñer orde nos máis de 5 millóns de especies de seres vivos que temos no planeta, para iso, esta ciencia ordénaos, descríbeos e clasifícaos tomando como unidade fundamental a [[especie]]. Ademais desta categoría existen outros rangos que de maior nivel que son os seguintes: [[Dominio (Bioloxiabioloxía)|Dominio]], [[Reino (bioloxía)|Reino]], [[Filo]] ou [[Phylum]] ou [[división (botánica)|División]] (en plantas), [[Clase (bioloxía)|Clase]], [[Orde (bioloxía)|Orde]], [[Familia (bioloxía)|Familia]], [[Tribo (bioloxía)|Tribo]], [[Xénero (bioloxía)|Xénero]], [[Especie]] e Subespecie, niveis entre os que se poden inserir outros, tales como: subphylum, superorde, subfamilia etc.
 
Pódese dicir que a taxonomía biolóxica comenzou grazas aos traballos do naturalista sueco [[Carl von Linné]] (Linneo) (1707-1778), que foi quen creou o sistema de clasificación que aínda hoxe estase a empregar e que está baseado nos diferentes taxons dispostos en orde xerárquica.
Unha escola taxonómica minoritaria é a que considera que os grupos [[parafilético]]s tamén deberían ter a posibilidade de ser convertidos en taxóns, se os grupos que os conforman son o suficientemente semellantes entre si e o suficientemente diferentes do clado que queda fóra (escola evolucionista). Un exemplo clásico dun grupo parafilético que algúns taxónomos consideran un taxón, é o das [[algas verdes]], parafiléticas respecto ás plantas terrestres (todas xuntas formarían o clado das plantas verdes). Un dos expoñentes actuais desta escola é o investigador [[Cavalier-Smith]].
 
Outra escola minoritaria, chamada [[fenética]], está encabezada por investigadores como [[Sokal]], que pregoaba que era imposible coñecer a filoxenia dos organismos coa información que se recollía, debido a que os razoamentos facíanse circulares (a morfoloxía determinaba as relacións de parentesco, e coas relacións de parentesco interprétase a morfoloxía)e a información incompleta. Estes investigadores escollían facer clasificacións baseadas exclusivamente na cantidade de caracteres semellantes entre os organismos, sen inferir ningunha historia evolutiva detrás deles (tal e como fora formulada orixinalmente a taxonomía, antes da teoría da evolución de [[Charles Darwin|Darwin]]). Esta escola perdeu recentemente forza coa chegada das análises de ADN e coa mellor interpretación do rexistro fósil que temos hoxe en día.
 
Unha escola distinta, da cal o expoñente máis extemo quizais sexa o [[PhyloCode]] (https://web.archive.org/web/20030802181518/http://www.phylocode.org/), propón unha clasificación libre de categorías, pero non ten moita resonancia no eido científico.
105.195

edicións