Mosca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiños
home > humano
Liña 38:
As moscas posúen un corpo con [[cabeza]], [[tórax]] e [[abdome]]; o primeiro par de ás están completamente formadas e o segundo par está transformado nuns apéndices chamados [[hapterio]]s que lle serven para o equilibro no voo; ollos compostos por centos de facetas sensibles á luz individualmente, e pezas bucais adaptadas para succionar, lamber ou perforar. Ningunha mosca é quen de morder ou mastigar, pero moitas especies pican e succionan sangue. O seu ciclo de vida é holometábolo, isto é, que pasa por varias fases morfolóxicas, que no caso da mosca son catro: o ovo, a [[larva]], a [[Ninfa (bioloxía)|ninfa]], e o adulto. Algunhas especies completan este ciclo nuns poucos días e outras nun ou dous meses.
 
As moscas forman parte de case todos os [[ecosistema]]s, en todos os hábitats terrestres. As consecuencias da súa presenza para a sociedade humana son de importancia porque xunto cos [[mosquito]]s, e só despois do homepropio ser humano e os microorganismos patóxenos, as moscas son os seres vivos que causan máis dano e morte na especie [[ser humano|humana]]. Son axentes de transmisión dunha gran cantidade de enfermidades, incluíndo [[cólera]], [[Dengue (enfermidade)|dengue]], [[disentería]], [[febre amarela]], [[malaria]], [[salmonelose]] e [[febre tifoide]]; e causan perdas significativas na produción de froitas e outros vexetais.
 
As moscas son tamén organismos moi importantes na reciclaxe dos refugallos de orixe animal e vexetal, un proceso esencial para a permanencia da vida na terra. Son tamén necesarias como alimento de [[paxaro]]s, [[ra]]s e outros [[réptiles]], [[morcegos]], [[arañas]], e [[insectos]] varios. Moitas moscas participan tamén na [[polinización]] das plantas.