Stéphane Mallarmé: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Características e importancia: Georg Wilhelm Friedrich Hegel
Lles (conversa | contribucións)
m Xénero de nada https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/nada
Liña 15:
== Características e importancia ==
[[Ficheiro:Portrait of Stéphane Mallarmé (Manet).jpg|miniatura|dereita|200px|Retrato de Stéphane Mallarmé pintado por [[Édouard Manet]]]]
Da lectura de [[Georg Wilhelm Friedrich Hegel|Hegel]] extraeu Mallarmé a idea de que, "morto o Ceo" ao nada debe ser o punto de partida da Beleza e do Ideal. Partindo da idea da "Arte pola arte" do grupo ó redor de Gautier, viu na lingua poética da [[poesía pura]] a única posibilidade de chegar ás Ideas puras. Rexeitou a representación da lírica realista, considerando a suxestión como base da nova poesía.
 
O seu concepto de literatura é moi próximo ó dos [[impresionistas]] no campo das artes plásticas. Debido á importancia da linguaxe "suxestiva" na obra de Mallarmé, foi considerado "o máis simbolista dos simbolistas". A súa influencia renovadora na lírica francesa continúa a se facer sentir aínda hoxe. As súas dúbidas sobre a función da lingua serviron para abrir camiños á lírica moderna. Moitas das súas ideas foron retomadas por representantes do [[dadaísmo]], o [[surrealismo]], o [[futurismo]] ou o [[decontrutivismo]] (coma, por exemplo [[Jacques Derrida]]).