Diferenzas entre revisións de «Georg Wilhelm Friedrich Hegel»

m
Xénero de nada https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/nada
m (→‎top: Arranxos varios, replaced: <br> → <br/> (4))
m (Xénero de nada https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/nada)
 
Na súa exposición sobre o «espírito» na súa ''Enzyklopädie'', Hegel gaba a obra aristotélica ''[[Da alma]]'' como «por moito o máis admirábel, quizais o único traballo de valor filosófico sobre este tema». Nas súas ''Phänomenologie des Geistes'' (''Fenomenoloxía do espírito'') e ''Wissenschaft der Logik'' (''Ciencia da lóxica''), a preocupación de Hegel polos temas kantianos como a liberdade e a moral, e coas súas implicacións ontolóxicas, é omnipresente. En troques de simplemente rexeitar o dualismo de Kant da liberdade contra a natureza, Hegel aspira a subsumilo dentro do «infinito verdadeiro», o «concepto» (ou «noción»: ''Begriff''), o «espírito» e a «vida ética» de tal maneira que a dualidade kantiana faise intelixíbel, no canto de ficar como un «dado» bruto.
 
A razón pola que esta subsunción ten lugar nunha serie de conceptos é que o método de Hegel, na súa ''Wissenschaft der Logik'' e ''Enzyklopädie'', é comezar con conceptos básicos como o ser e ao nada e desenvolvelos a través dunha longa secuencia de elaboracións, incluíndo aqueles xa mencionados. Deste xeito, unha solución que se acada, en principio, na explicación do «infinito verdadeiro» na ''Wissenschaft der Logik'', repítese en novas formas en etapas posteriores, ata «espírito» e «vida ética», no terceiro volume da ''Enzyklopädie''.
 
Deste xeito, Hegel pretende defender o xermolo da verdade no dualismo kantiano contra programas redutivos ou eliminativos como os do materialismo e o empirismo. Coma Platón, co seu dualismo da alma fronte aos apetitos corporais, Kant persegue a capacidade da mente para cuestionar as súas inclinacións ou apetitos sentidos e chegar a un estándar do «deber» (ou, no caso de Platón, o «bo») que transcende a restrición corporal. Hegel conserva esta preocupación esencial platónica e kantiana en forma de infinidade que vai máis aló do finito (un proceso que Hegel relaciona, de feito, coa «liberdade» e o «deber»), o universal que vai alén do particular (no concepto) e do espírito, incluso mái aló da natureza. Hegel fai estas dualidades intelixíbeis (en última instancia) polo seu argumento do capítulo «Calidade» da súa obra ''Wissenschaft der Logik''. O finito ten que chegar a ser infinito para acadar a realidade. A idea do absoluto exclúe multiplicidade para que o suxeito e o obxectivo logren a síntese para chegar a ser enteiros. Isto débese a que, como Hegel suxire pola súa introdución do concepto de «realidade», o que se determina a si mesmo —en troques de depender das súas relacións con outras cousas polo seu carácter esencial— é máis plenamente «real» (seguindo a etimoloxía latina de «real», que significa 'cousa semellante') que o que non. As cousas finitas non se determinan a si mesmas, porque, como cousas «finitas», o seu carácter esencial está determinado polas súas fronteiras, fronte a outras cousas finitas. Así, para chegar a ser «reais», deben ir alén da súa finitude («a finitude é só como unha transcendencia de si mesma»).
 
=== Heráclito ===
Segundo Hegel «[[Heráclito de Éfeso|Heráclito]] é o primeiro en declarar a natureza da natureza infinita e da primeira capturada como en si mesma infinita, é dicir, a súa esencia como proceso. A orixe da filosofía debe ser datada dende Heráclito. A súa é a ''idea'' persistente que é a mesma en todos os filósofos ata a actualidade, como o foi a ''idea'' de Platón e Aristóteles». Para Hegel, os grandes logros de Heráclito foron comprender a natureza do infinito, que para Hegel inclúe comprender a contradición e negatividade inherentes da realidade, e comprender que a realidade é devir ou proceso, e que o «ser» e ao «nada» son mera abstracción baleira. Segundo Hegel, a escuridade de Heráclito provén de ser un verdadeiro filósofo (en termos de Hegel ''especulativo'') que captaba a verdade filosófica última e polo tanto expresábase dun xeito que ía máis aló da natureza abstracta e limitada do senso común. Hegel afirmou que en Heráclito tiña un antecedente para a súa lóxica: «... non hai proposición de Heráclito que non adoptase na miña lóxica».
 
Hegel cita unha serie de fragmentos de Heráclito nas súas ''Vorlesungen über die Geschichte der Philosophie'' (''Leccións sobre a historia da filosofía''). Un ao cal atribúe grande importancia é o fragmento que traduce como «Ser non é máis que non ser», que na súa interpretación significa:<blockquote>''Sein und Nichts sei dasselbe'' (''Ser e non ser son o mesmo'').</blockquote>
8.879

edicións