Eidos (revista): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
→‎Características: As memorias anuais anteriores a 1976.
Castelao (conversa | contribucións)
m Referencias
Liña 4:
 
{{Revista}}
'''''Eidos''''', subtitulada ata o número 4 '''''Revista xoven pra cantos degoran falar galego'''''<ref name="RAG2019"/> e desde o número 5 '''''Revista galega pros que arelan unha Galicia millor''''', foi unha revista escolar galega cuxa primeira época se publicou entre [[1976]] e [[1987]] en [[Santiago de Compostela]], a primeira en [[lingua galega]] desde a posguerra<ref name="RAG2019"/>.
 
== Características ==
''Eidos'' editouse integramente en galego, sendo publicada polo Colexio La Salle de Santiago<ref name="RAG2019">{{cita novas |título='Eidos', a revista escolar que debutou en 1976 cunha entrevista a Antonio Fraguas |data=8-7-2019 |dataacceso=9-7-2019 |url=https://academia.gal/inicio/-/asset_publisher/m2gF/content/eidos-a-revista-escolar-que-debutou-en-1976-cunha-entrevista-a-antonio-fraguas |xornal=[[Real Academia Galega]]}}.</ref>, que xa viña publicando desde [[1953]] unha memoria escolar anual en [[Lingua castelá|castelán]]<ref>O número 13 desta serie correspóndese co ano escolar 1965-66, baixo o título ''La Salle. Memoria escolar''. Polo menos ata o curso 1970-71 seguía publicándose esta memoria con nomes semellantes.</ref>. O primeiro número apareceu en marzo de 1976 e deixou de publicarse co número 14 en xuño de 1987<ref>{{cita web |url=http://datos.bne.es/edicion/bise0000161984.html |título=Eidos (Santiago) |páxina-web=datos.bne.es |dataacceso=10-7-2019 |lingua=es}}</ref>, cunha periodicidade irregular. A partir do número 9, a súa publicación fíxose coincidir, aproximadamente, co [[Día das Letras Galegas]].
 
Se ben o seu formato foi o propio dun [[fanzine]], tirado na [[multicopista]] do propio centro educativo e con artigos creados polos propios alumnos, a súa importancia vén de ser a primeira publicación totalmente en galego realizada en [[Galicia]] tras a [[guerra civil española|guerra civil]], adiantándose nuns meses ao nacemento da revista ''[[Teima]]''.
Liña 13:
Dos catorce números, foron editados totalmente na multicopista do centro só os números 1, 9, 10, 11 e 12. Os números restantes tiveron as súas capas feitas en imprenta.
 
Foi dirixida na súa primeira etapa ata o ano [[1982]] polo [[Verín|verinés]] [[Fernando Diéguez Sotillo]]<ref name="RAG2019"/>. No seu primeiro número, publicouse unha entrevista a [[Antón Fraguas]]<ref name="RAG2019"/>.
 
== Segunda época ==
Liña 21:
 
== Colaboradores ==
Entre os alumnos e profesores que colaboraron na redacción dos seus artigos figuraron Euloxio Regueira, Xosé E. Cora López, Xoxé Manuel López Agra, Ramiro Cañoto Fieiza, Xoán Fernández, Xesús Pereira López, Isidoro A. Fernández, Suárez Quintanilla, Xan Xosé de Ozamiz Lestón<ref name="RAG2019"/> e Julio Estrada Nérida.
 
== Secuencia de publicación da primeira época ==