Eidos (revista): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Referencia da data de fin da publicación
Castelao (conversa | contribucións)
→‎Características: As memorias anuais anteriores a 1976.
Liña 7:
 
== Características ==
''Eidos'' editouse integramente en galego, sendo publicada polo Colexio La Salle de Santiago<ref>{{cita novas |título='Eidos', a revista escolar que debutou en 1976 cunha entrevista a Antonio Fraguas |data=8-7-2019 |dataacceso=9-7-2019 |url=https://academia.gal/inicio/-/asset_publisher/m2gF/content/eidos-a-revista-escolar-que-debutou-en-1976-cunha-entrevista-a-antonio-fraguas |xornal=[[Real Academia Galega]]}}.</ref>, que xa viña publicando desde [[1953]] unha memoria escolar anual en [[Lingua castelá|castelán]]<ref>O número 13 desta serie correspóndese co ano escolar 1965-66, baixo o título ''La Salle. Memoria escolar''. Polo menos ata o curso 1970-71 seguía publicándose esta memoria con nomes semellantes.</ref>. O primeiro número apareceu en marzo de 1976 e deixou de publicarse co número 14 en xuño de 1987<ref>{{cita web |url=http://datos.bne.es/edicion/bise0000161984.html |título=Eidos (Santiago) |páxina-web=datos.bne.es |dataacceso=10-7-2019 |lingua=es}}</ref>, cunha periodicidade irregular. A partir do número 9, a súa publicación fíxose coincidir, aproximadamente, co [[Día das Letras Galegas]].
 
Se ben o seu formato foi o propio dun [[fanzine]], tirado na [[multicopista]] do propio centro educativo e con artigos creados polos propios alumnos, a súa importancia vén de ser a primeira publicación totalmente en galego realizada en [[Galicia]] tras a [[guerra civil española|guerra civil]], adiantándose nuns meses ao nacemento da revista ''[[Teima]]''.