Manuel García Blanco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: arranxiños
Liña 4:
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Castelo de Pambre, Pambre, Palas de Rei.jpg|miniatura|Castelo de Pambre, lugar de nacemento de García Blanco.]]
Licenciouse en Filosofía e Letras na [[Universidade Central de Madrid]], véndose influído polo maxisterio intelectual do [[Filosofía|filósofo]] e [[Pedagoxía|pedagogo]] [[Francisco Giner de los Ríos]], fundador e director da [[Institución Libre de Enseñanza]]. Doutorouse no ano [[1907]] coa tese ''La clasificación de las ciencias de Bacon a Spencer''. Pouco despois do seu doutoramento, ingresou no corpo de Estatística da Administración do Estado por concurso de méritos. Inicialmente destinado en [[Albacete]] durante uns meses, cedo viu cumprida oa súa arela de volver á súa terra, exercendo como Xefe de Estatística da Delegación Provincial da cidade de [[Lugo]] ata se xubilar.
 
Xa durante os seus tempos de estudante universitario en Madrid, enviou escritos ao xornal lugués ''[[El Norte de Galicia]]'', colaborando periodicamente neste medio entre os anos [[1903]] e [[1915]]. Tamén escribiu no xornal ''[[El Progreso (xornal)|El Progreso]]'', así mesmo de Lugo, entre os anos [[1911]] e [[1927]]. As súas colaboracións, centradas en cuestións de divulgación filosófica, [[Historia|histórica]], asuntos de actualidade política nacional e internacional, [[pedagoxía]] e [[filoloxía]] foron frecuentemente asinadas baixo pseudónimos, como "Trpséfobo" ou "Manuel da Torre" -en alusión ao seu lugar de nacemento-, polo que son difíciles de identificar. Moitos dos seus escritos foron localizados grazas ao seu arquivo persoal, conservado pola familia.
 
No ano [[1912]] publicou ''Consideraciones sobre la decadencia y rehabilitación de la lengua gallega'', asinado baixo as iniciais M.G.B. Nesta obra deféndese o uso do galego no ensino, actitude pioneira no seu tempo, aparecendo referencias nos xornais ''[[La Voz de Galicia]]'' e ''[[Heraldo de Vigo]]''. Sobre este escrito tense mantido que, neste período (previo á fundación das [[Irmandades da Fala]]), apenas existiron análises tan ponderadas e oportunas acerca da problemática sociolingüística do idioma galego<ref name=GEG>Alonso Montero, Xesús: in [[Gran Enciclopedia Gallega]], "García Blanco, Manuel" ([[Silverio Cañada]] Edit.; [[Xixón]] 1974)</ref><ref>"García Blanco, Manuel" in Gran Enciclopedia Galega (el Progreso - [[Diario de Pontevedra]], 2003)</ref>.
Liña 19:
::::::::''[[Pondal]]"''<ref name=ANON>Asemade, na mesma nota, non se deixa de aludir ao afán de anonimato que caracteriza ao autor.</ref>}}
 
O seu ''cursus academicus'' viuse parcialmente truncado ao non acadar a Cátedra de [[Literatura]] do instituto[[Instituto de Lugo]] á que optou no ano 1920; a partir de entón só publicará un escrito máis, no ano [[1940]], en parte debido ás responsabilidades do seu posto público como Xefe do Instituto de Estatística. Malia esta contrariedade, exerceu como profesor auxiliar de diversas materias (catedrático de [[Lingua francesa|francés]], profesor de [[latín]] e outras especialidades) no Instituto de Lugo.<ref name=GEG/>
 
Xa no ano [[1940]], dentro do Servizo de Publicacións da Dirección Xeral de Estatística, apareceu a súa obra ''Estudio geográfico y toponímico de la provincia de Lugo''. A parte adicada á toponimia é considerada de gran valor, achegando xuízos moi acertados acerca da regaleguización de ducias de topónimos castelanizados (resultando menos afortunada a referida ás sempre arriscadas propostas etimolóxicas). A obra é aínda máis salientábel considerando o abandono do que os estudos lingüísticos adoecían naquel tempo e a inexistencia de investigacións sobre o galego. O escrito propiciou no [[1944]]-[[1945]] as ''Notas a un folleto sobre geografía y toponimia lucense'', do Catedrático de Latín da [[Universidade de Santiago de Compostela]] [[Abelardo Moralejo Laso]], lingüista galego que salientou especialmente nos estudos toponímicos.