Manaus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Liña 22:
O [[3 de xuño]] de [[1542]] o [[Río Negro, río Amazonas|Río Negro]] foi descuberto por [[Francisco de Orellana]], que lle puxo o nome. A zona na que se atopaba o forte de São José da Barra do Rio Negro foi habitada primeiramente polas tribos Manaós, barés, banibas e passés, as cales axudaron na construción do forte e pasaron a vivir en pallozas humildes nas proximidades do forte.<ref name="Manaus Amazonas" /> A tribo dos ''manáos''<ref name="História dos Manaós">{{Cita web|url = http://www.nacaomestica.org/ajuricaba.htm|publicación = Nação Mestiça|título = Biografia do Tuxaua Ajuricaba|data = novembro de 2011|data-acceso = 28 de xaneiro de 2011|urlarquivo = https://web.archive.org/web/20111120031439/http://www.nacaomestica.org/ajuricaba.htm|dataarquivo = 20 de novembro de 2011|urlmorta = si}}</ref>, considerada orgullosa polos portugueses, negábase a ser dominada e servir de man de obra escrava e entraba en enfrontamento cos habitantes do forte.<ref name="História dos Manaós"/> Estas loitas só terminaron cando os militares portugueses comezaron a conectar cos manaós a través de vodas coas fillas dos Tuxauas, dando comezo así á intensa [[mestizaxe]] na rexión e dando orixe aos [[caboclo]]s. Un dos líderes dos Manaós foi o indíxena [[Ajuricaba (indíxena)|Ajuricaba]], que se opuxo á colonización dos portugueses e que, porén, apoiaba aos holandeses: Ajuricaba foi aprisionado e enviado a [[Belém, Pará|Belém]], pero morreu en circunstancias misteriosas no percorrido da viaxe. Reza a lenda, que se lanzou ao río que tanto amaba, o río Negro, morrendo afogado xunto a outro líder indíxena.<ref name="História dos Manaós"/>
 
Debido á colonización portuguesa, foi efectuado un traballo de esquecemento ou intento de borrar os trazos e obras históricas dos pobos indíxenas. Pódese notar pola destrución do cemiterio indíxena, onde hoxe se atopa a Praza Don Pedro e o Palacio Río Branco.<ref name="Praça Dom Pedro">{{cita web |url= http://portal.iphan.gov.br/portal/montarDetalheConteudo.do;jsessionid=590321A0596F3E8E82575364CDAF04EA?id=10311&sigla=Noticia&retorno=detalheNoticia |editor= Instituto do Patrimônio Histórico e Artístico Nacional (IPHAN) |título= Importante descoberta arqueológica revela cemitério indígena em Manaus |dataacceso= 10 de xaneiro de 2014 }}</ref><ref name="Praça Dom Pedro 2">{{cita web |url= http://www.anpuhsp.org.br/sp/downloads/CD%20XIX/PDF/Autores%20e%20Artigos/Elizabeth%20Filippini.pdf |editor= Anpuhsp e Universidade do Estado do Amazonas (UEA) |autor= Filippini, Elizabeth |título= Patrimônio histórico-cultural em revisão: Revitalização do centro antigo de Manaus |dataacceso= 30 de decembro de 2014 |urlarquivo= https://web.archive.org/web/20150923172353/http://www.anpuhsp.org.br/sp/downloads/CD%20XIX/PDF/Autores%20e%20Artigos/Elizabeth%20Filippini.pdf |dataarquivo= 23 de setembro de 2015 |urlmorta= si }}</ref> Cando o gobernador [[Eduardo Ribeiro]] remodelou a praza e mandou nivelar as rúas que a cercaban, foron achados gran número de ''igazaba'', pero actualmente non existe ningún marco indicando a súa existencia.<ref name="História dos Manaós" />
 
== Problemas sociais e desenvolvemento urbano ==