A Monteira (periódico): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 6:
 
== Liña editorial e obxectivos ==
Daquelas primeiras publicacións periódicas que naceron en diversos puntos de [[Galicia]] a finais do [[século XIX|XIX]], ''A Monteira'' era das poucas que se editaron desde o principio integramente en galego (incluíndo a publicidade). Cómpre destacar que xa desde o primeiro número apoiaapoiou e promovepromoveu o uso da lingua galega en tódolos ámbitos, defensa na que insistirá en moitas ocasións máis.
 
{{Cita|A vencer esa repunancia ô noso idioma, popularizando o en canto poida e d'a sua parte esteña, ven A MONTEIRA â pubricidá.<ref>''A Monteira'', 1, 2.</ref>}}
Liña 20:
* Académico: ''O ilustre prebendado [López Ferreiro], que non tén a menos esquirbir n-a nosa doce lingoa''.
 
Á parte disto, tampouco se poden esquecer outras iniciativas nesta mesma dirección, como a repetida reclamación da necesidade da creación dunha norma lingüística da que carecía daquela quen quixeraquixese escribir en galego. Outro detalle foi o de poñer á venda entre os seus subscritores o ''[[Diccionario gallego|Diccionario gallego-castellano]]'' de [[Xoán Cuveiro Piñol|Cuveiro Piñol]] (1876) a metade de prezo.
 
No número 35, publicado o [[31 de maio]] de [[1890]] aparece o texto do poema que se converteríaconverteu no [[himno galego]], ''[[Os Pinos]]'' de [[Eduardo Pondal]]. A poesía fora escrita para un certame que convocara en tal ocasión o ''Orfeón Coruñés''.
 
Outra liña editorial d'''A Monteira'' foi a recompilación e divulgación de diversos aspectos da cultura tradicional galega, o que converte este semanario nunha fonte de información etnográfica case pioneira. Neste aspecto destacarémo-lasdestacan as coleccións de contos, cantigas e refráns que se publicaron ó longo da súa breve vida, recompilados polo propio Amador Montenegro, [[Juan Antonio Saco y Arce|Saco y Arce]], [[Marcial Valladares]] e outros.
 
== Colaboradores ==