Miroslav Đukić: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
elimino sintaxe desbotada
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/grande
Liña 66:
Iniciou a súa carreira no club da súa cidade natal, o [[FK Mačva Šabac]], onde permaneceu ata fichar polo [[FK Rad]] en [[1989]]. Tras unha tempada incorporouse ao [[Deportivo da Coruña]], por entón na [[Segunda División de España]]. Djukic foi un dos protagonistas da eclosión do Deportivo entre os grandes do fútbol español. O serbio será recordado por fallar un penalti no último minuto da última xornada da tempada 1993/94, o que permitiria ao club galego conquistar a súa primeira liga. Aínda así, a seguinte tempada logrou o primeiro título para o club coruñés, a [[Copa do Rei de Fútbol|Copa do Rei]], xogando como titular a final contra o Valencia. Posteriormente conquistou a [[Copa do Rei de fútbol|Supercopa de España]], antes de fichar polo [[Valencia CF]] o verán de [[1997]]. A pesar da súa experiencia (chegou a [[Valencia]] con 31 anos), permaneceu no club levantino seis tempadas, nas que conquistou finalmente o campionato ligueiro en [[2002]]. Terminou a súa carreira a tempada 2003/04 nas filas do [[CD Tenerife]].
 
Djukic era un libero técnico e elegante, sempre estaba ben colocado e moi poucas veces cometía erros, o que outorgaba unha gran seguridade á defensa da que formaba parte. Adoitaba sacar o balón controlado desde atrás mostrando detalles de gran calidade individual e incorporándose con gran forza ao ataque. Ademais era un futbolista frío e sereno e resultaba moi difícil verlle perder a compostura sobre o terreo de xogo. Durante a súa estancia no Deportivo foi tremendamente regular, apenas se perdeu partidos ao longo dos campionatos, xa que as lesións respectáronlle ao máximo e as sancións foron case descoñecidas para el, nunca recibindo unha cartolina vermella, posto que case non necesitaba cometer faltas para arrebatar o balón aos dianteiros contrarios, cousa que facía con grangrande elegancia. A todo o anterior, hai que sumarlle o seu gran traballo e esforzo os 90 minutos, e a súa capacidade de liderado no terreo de xogo.
 
=== Como adestrador ===