El Niño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Océano Pacífico
Liña 123:
Aparentemente, estas variacións tamén se rexistran nos restantes océanos, mais ficaron máis coñecidas polas anomalías coñecidas polo nome “El Niño”, que foron descubertas no Océano Pacífico. Por esa razón, as anomalías pasaron a ser estudadas en termos de prever a ocorrencia daquel evento e moitas veces úsase a expresión OSEN (Oscilación Sur-El Niño ou [[ENSO]], da expresión en [[Lingua inglesa|inglés]]) como sinónimo do El Niño ou da Oscilación Sur e aplícase a anomalías do clima e da circulación mariña en calquera océano – os fenómenos OSEN do [[Océano Atlántico]] ocorren 12-18 meses despois de ocorreren no Pacífico.
 
A Oscilación Sur é acompañada a través do Índice de Oscilación Sur (IOS ou SOI, en inglés), que é a diferenza normalizada entre a presión atmosférica medida no [[Tahití]] (na [[Polinesia Francesa]]) e en [[Darwin, Australia|Darwin]], na Australia. Un valor alto do IOS (grande diferenza de presións) significa ventos máis fortes que a media e normalmente está asociado a unha situación de “La Niña”, ou sexa, auga con temperatura superficial máis fría que a media na costa occidental da [[América do Sur]], e viceversa.
 
Unha vez que estes fenómenos teñen unha grande influencia no clima, provocando secas ou cheas e, polo tanto, afectando a agricultura e, en xeral, a economía dos países, o estudo da Oscilación Sur e das súas anomalias ou OSEN, ten unha grande importancia, non só para a economía mundial, mais tamén para a comprensión dos fenómenos climáticos.