Emilia Pardo Bazán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎Narrativa: arranxiños
Liña 180:
=== Narrativa ===
[[Ficheiro:Edificio da Real Academia Galega, A Coruña 02.jpg|miniatura|Placa da RAG na memoria de Pardo Bazán.]]
A súa primeira [[novela]] foi ''Pascual López'' ([[1879]]), autobiografía dun estudante de [[medicina]]. Nela aprécianse as influencias de [[Pedro Antonio de Alarcón]] e mais de [[Juan Valera]] na escrita da autora coruñesa. Máis adiante, con ''Un viaje de novios'' ([[1881]]), ano no que naceu a súa derradeira filla, Carmen, e ''La tribuna'' ([[1882]]), comezou unha evolución cara ao [[Naturalismo|movemento naturalista]]. En [[1882]] iniciou, na revista ''La Época'', a publicación dunha serie de [[Artigo xornalístico|artigos]] sobre [[Émile Zola]] e maila [[novela experimental]], que serían posteriormente escolmados en ''La cuestión palpitante'' ([[1883]]), obra que a consagrou coma a principal impulsora do naturalismo en [[España]]. En [[1884]], dous anos despois do seu divorcio, publicou ''La ama joven'', que trata o tema das crises matrimoniais. No tocante ao Naturalismo practicado por Pardo Bazán, coma o de [[Benito Pérez Galdós|Galdós]], fronte aos principios ideolóxicos e literarios de Zola, acentuaba a conexión da escola [[Francia|francesa]] coa tradición realista española e europea, o que lle permitía achegarse a un ideario máis conservador, católico e bempensante no que atinxe á súa propia forma de vida, manténdose fiel ao [[Catolicismo]], por máis que admitise os alicerces ideolóxicos do [[determinismo|determinismo social]] e [[darwindarwinismo|darwinista]]ista.
 
Por outra banda, ''Insolación'' (1889) e ''Morriña'' (1889) seguen insertos na ideoloxía e na estética naturalista. Con posterioridade, coincidindo coa morte do pai (1890), evolucionou cara a un maior [[simbolismo]] e [[espiritualismo]], patente en ''Una cristiana'' (1890), ''La prueba'' (1890), ''La piedra angular'' (1891), ''[[La Quimera]]'' (1905) e ''Dulce sueño'' (1911). Esta mesma evolución observouse tamén nos seus contos e relatos, recollidos en ''Cuentos de la tierra'' (1888), ''Cuentos escogidos'' (1891), ''Cuentos de Marineda'' (1892), ''Cuentos sacroprofanos'' (1899), entre outros. Pardo Bazán aproveitou a súa herdanza paterna para crear unha revista escrita por ela soa, ''El Nuevo Teatro Crítico'', nome que lembra a obra do galego [[Benito JerónimoXerónimo Feijoo]].
 
En ''Una Cristiana'' e ''La Prueba'', de 1890, semella trabar polémica a través da ficción con algúns dos seus detractores morais, como o Pai Coloma, [[Menéndez Pelayo]] e Pereda. A diferenza de idade entre namorados, o cruce de afectos ou deberes familiares e o remorso relixioso proban en ámbalas dúas novelas como a escritora tiña máis en conta a opinión do que semellaba.
[[Ficheiro:Los pazos de Ulloa 1886 Pardo Bazán T1.jpg|miniatura|]]
 
==Novelas==
A seguinte lista non é exhaustiva, pero recolle as obras máis importantes.<ref name="SWW">{{Cita libro|título=Spanish Women Writers: A Bio-Bibliographical Source Book|apelidos=El Saffar|nome=Ruth|editorial=Greenwood Press|ano=1993|isbn=0-313-26823-1|url=|apelidos2=Ellen|data=|outros=|apelidos-editor=Gould Levine|nome-editor=Linda|ligazón-editor=|edición=|serie=|volume=|lugar=|páxina=|páxinas=378-388|en=|lingua=en|títulotrad=|capítulo=Emilia Pardo Bazán (1851-1921)|capítulo-trad=|tipo=|formato=|bibcode=|doi=|oclc=|id=|cita=|ref=|ligazónautor=|dataacceso=|ano-orixinal=|apelidos-editor2=Engelson Marson|apelidos-editor3=Feiman Waldman|nome-editor3=Gloria|urlcapítulo=|urlarquivo=|dataarquivo=}}</ref><ref name="BVC" />