Otto de Grecia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
en secreto > en segredo
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
Liña 2:
{{Biografía}}
[[Ficheiro:OtonIdeGrecia1865.jpg|miniatura|dereita]]
'''Otto de Grecia''', ou '''Otto von Wittelsbach''' (En [[lingua grega|grego]] ''Όθων, Βασιλεύς της Ελλάδος''); nado en [[Salzburgo]], o [[1 de xuño]] de [[1815]] e finado en [[Bamberg]], ao [[26 de xullo]] de [[1867]]. Foi [[Príncipe da Baviera]] e logo o primeiro rei da [[Grecia]] moderna en [[1832]] despois do [[Tratado de Adrianópolis]] onde a [[Grecia]] se tornou independente sob a protección das grandes potencias [[Reino Unido]], [[Francia]] e [[Rusia]].
 
== BiografíaTraxectoria ==
Naceu en [[Salzburgo]], [[Austria]], como segundo fillo do rei [[Luís I de Baviera]] e [[Teresa de Saxe-Hildburghausen]]. Accedeu ao trono grego en [[1832]], aos 17 anos de idade, cando a conferencia internacional reunida en [[Londres]] desde [[1827]] para lograr acordos sobre Grecia optou por el como monarca. Até [[1835]] gobernou baixo unha rexencia composta por [[Baviera|bávaros]], que se virou de contado impopular para os gregos: a "bavarocracia" (Βαυαροκρατία). En marzo de [[1844]] unha rebelión aberta contra este grupo fixo que o rei prescindise do mesmo definitivamente.
 
A súa impopularidade medrou por mor do incremento dos impostos e a súa propia relixión (católica). Tamén sumou para a súa mala imaxe o feito de non no ter herdeiros do seu casamento coa duquesa [[Amelia de Oldemburgo]], con quen Otto I casara o [[22 de novembro]] de [[1836]]. A inxerencia nos asuntos gregos das potencias que o coronarancoroaran tamén contribuíu a aumentar a xenreira do seu pobo. Desde [[1854]] e deica [[1857]] os británicos e mailos franceses ocuparon o porto atenenseateniense do [[Pireo]], o que impediu a intervención helénica a favor dos rusos na [[Guerra de Crimea]]. LaA situación do monarca viuse aínda máis comprometida desde [[1861]], despois de que un estudante tentase asasinar a raíña Amelia.
 
== Exilio e pasamento ==
'''Otto I''' abdicou en outubro de [[1862]], logo de varias tentativas de derrocamento por parte dos seus opositores revolucionarios, e en parte tamén porque as potencias que o sustentaran aconselláranlle renunciar ao poder. El -rei e a raíña refuxiáronse nun barco de guerra británico e regresaron a [[Baviera]], levando canda eles o estandarte real grego que trouxeran en [[1832]]. No seu momento suxeriuse que se Otto e a raíña Amelia tivesen un fillo como posible herdeiro non terían sidoserían derrocados, pero aínda así, a sucesión real xa estaba establecida na [[Constitución grega de 1843]], e a coroa tería recaídorecaería sobre un dos irmáns menores do rei ou os seus descendentes.
 
Otto morreu no palacio dos antigos bispos de [[Bamberg]], en [[Baviera]], e foi soterrado na [[Theatinerkirche|igrexa dos teatinos]] de [[Múnic]]. No seu retiro, o ex-monarca de Grecia aínda utilizaba os uniformes tradicionais gregos xurdidos a raíz da revolta [[illa de Creta|cretense]] (1866-1869). En [[1866]] Otto fixo importantes doazóns para proporcionarlle armas aos insurxentes de Creta, preocupándose de que esta doazón permanecese en segredo até a súa morte, coa finalidade de evitar causar problemas políticos ao novo rei de Grecia, [[Xurxo I de Grecia|Xurxo I]].
 
Está xeralmente aceptado pola maior parte dos historiadores que Otto, malia ao seu fracaso na empresa do reinado heleno, amou Grecia como a súa nova patria. O seu fracaso como monarca de Grecia debeuse maiormente a problemas relixiosos e ás intrigas existentes entre os tres grandes poderes. Antes de morrer, Otto fixo constar que querería ser soterrado vestindo o seu propio uniforme grego.
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Reis de Grecia]]
[[Categoría:Casa de Wittelsbach]]
[[Categoría:Nados en Salzburgo]]
[[Categoría:Nados en 1815]]
[[Categoría:Finados en 1867]]