Guerra de Inverno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Defensa da liña Mannerheim: percorrer x recorrer
Liña 179:
=== Laponia finesa ===
[[Ficheiro:Soviet POWs.jpg|miniatura|250px|[[Prisoneiro de guerra|Prisioneiros de guerra]] soviético vestido con roupas novas preto do [[círculo polar ártico]] en [[Rovaniemi]] en xaneiro de 1940.]]
Na [[Laponia, Finlandia|Laponia finesa]], os bosques fanse menos densos cara ao norte, onde non hai árbores. Polo tanto, a zona era ideal para o despregue de tanques, aínda que estaba despoboada e sufría abundantes nevaradas. Os finlandeses só agardaban ataques parciais e patrullas de recoñecemento, pero os soviéticos enviaron divisións completas.{{Harvnp|Trotter|2002|pp=171–174}} O [[11 de decembro]] os finlandeses reorganizaron a defensa de Laponia e separaron o Grupo Laponia do Grupo Norte de Finlandia. O grupo foi posto baixo o mando de [[Kurt Wallenius]].{{Harvnp|Leskinen|Juutilainen|1999|p=164}}
 
No sur de Laponia, preto do pequeno pobo rural de [[Salla]], as forzas soviéticas avanzaron con dúas divisións, a 88ª e a 122ª, cun total de 35 000 homes. Na [[batalla de Salla]] os soviéticos avanzaron doadamente cara ao pobo, onde o camiño se bifurcaba. As tropas do lado norte movéronse cara a [[Pelkosenniemi]], mentres que o resto dirixiuse cara a [[Kemijärvi]]. O [[17 de decembro]] o grupo norte soviético, formado por un rexemento de infantería, un batallón e unha compañía de tanques, foi superado por un batallón finlandés. A 122ª división retrocedeu, deixando gran parte do seu equipo pesado e dos seus vehículos atrás. Despois dese éxito os finlandeses transportaron reforzos cara á liña defensiva en fronte de Kemijärvi. Os soviéticos atacaron as defensas sen éxito. Os fineses contraatacaron e os soviéticos tiveron que retroceder cara a unha nova liña defensiva na que permaneceron o resto da guerra.{{Harvnp|Trotter|2002|pp=178–180}}{{Harvnp|Vuorenmaa|1999|pp=545–549}}