Presidente da Nación Arxentina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m arranxos ortográficos (via JWB)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 41:
[[Ficheiro:Bernardino_Rivadavia_2.jpg|dereita|miniatura|Bernardino Rivadavia foi o primeiro responsable do Poder Executivo en ser denominado «presidente».]]
{{Cita|Artigo 68.- O Poder Executivo da nación confíase e encárgase a unha soa persoa,
baixo o título de Presidente da República Arxentina.|Capítulo primeiro. Natureza e calidades deste poder . Sección V. Do Poder Executivo, [[Constitución da Nación Arxentina (1826)]]|col2=Artigo 70.- Antes de entrar ao exercicio do cargo, o Presidente electo fará en mans do Presidente do Senado, e en presenciapresenza das dúas Cámaras reunidas, o xuramento seguinte: «Eu (N...) xuro por Deus Noso Señor e estes Santos Evanxeos, que desempeñarei debidamente o cargo de Presidente, que se me confía; que protexerei a Relixión Católica, conservarei a integridade e independencia da República e observarei fielmente a Constitución».}}A Constitución de 1826 establecía que o poder executivo era exercido por unha persoa baixo o título de ''presidente da República Arxentina'' (artigo 68). Os requisitos eran ser cidadán arxentino, ter trinta e seis anos, nove como cidadán e un capital de dez mil pesos (artigos 24 e 69).<ref>Nacer no territorio ou ser fillo de arxentinos perdendo o dereito por non cumprir vinte anos de idade, non sendo casado, non saber ler nin escribir, ser naturalizado por outro país, demencia, ser criado a soldo, peón, simple soldado de liñas, notoriamente vago ou procesado penalmente</ref> Tiña un mandato de cinco anos e non podía ser reelexido (artigo 71). En caso de enfermidade, morte, renuncia ou destitución o cargo era exercido polo presidente do senado (artigo 72). Era elixido da seguinte forma (artigos 73 ao 80): Na capital e en cada provincia formábase unha xunta de 15 electores que votaban catro meses antes de que finalizase o mandato con «papeletas asinadas». Unha vez terminada a votación e o escrutinio, a acta ía dirixida ao presidente do Senado quen xunto a catro membros do congreso facían o cálculo final. O que reunía as dúas terceiras partes dos votos era proclamado presidente. No caso de que ningún o reunise, era elixido polos 2/3 do congreso. Podía ser destituído por acusación da Cámara de Representantes por «delitos de traizón, concusión, malversación dos fondos públicos, violación da Constitución, particularmente con respecto aos dereitos primarios dos cidadáns, ou outros crimes que merezan pena infamante ou de morte», e ser destituído polo senado
 
As súas atribucións eran (artigos 81 ao 101) publicar e facer executar as leis, convocar ao congreso, facer anualmente a apertura de sesións, ordena as eleccións lexislativas, ser o comandante das forzas de mar e terra necesitando o permiso do congreso para mandar ao exército en persoa, prover a seguridade interior e exterior, tomar medidas para garantir a paz, facer tratados con aprobación do senado, nomear e destituír aos seu cinco ministros, nomear embaixadores e demais axentes con aprobación do senado, recibir delegacións estranxeiras, expedir as cartas de cidadanía, exercer o padroado xeral das igrexas, «Todos os obxectos e ramos de Facenda e Policía, os establecementos públicos, e nacionais, científicos e de todo xénero, formados e sostidos con fondos do Estado, as casas de moeda, Bancos nacionais, correos, postas e camiños son da suprema inspección e resorte do Presidente da República», aplicar indultos e nomear xuíces da corte suprema. Ademais, nomeaba aos gobernadores das provincias a proposta dun Consello de Administración e aprobaba os seus orzamentos. Todo proxecto de lei debía pasar polo poder executivo quen as aprobaba ou obxectaba.