Río Mississippi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Música: Música country
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Liña 486:
O 8 de maio de [[1541]], [[Hernando de Soto]] foi o primeiro europeo en alcanzar o Mississippi, que bautizou como ''Gran Río do [[Espírito Santo]]''. A partir dos anos 1660, [[Francia]] decide a intrusión nos territorios españois do [[golfo de México]], chegado así ata o que é o actual [[Canadá]]. Os obxectivos eran atopar un paso cara a [[China]] ([[Paso do Noroeste]]), explotar as riquezas naturais dos territorios conquistados (peles, minerais) e evanxelizar as poboacións autóctonas.
 
O 17 de maio de [[1673]], os franceses [[Louis Jolliet]] e [[Jacques Marquette]] inician a exploración do Mississippi, que coñecían baixo o nome síux ''Ne Tongo'' («o gran río») e ao que eles chamaron «río Colbert».<ref>{{Cita web |url=http://www.memo.fr/article.asp?ID=MOD_DEC_009 |título=Les Français en Amérique du Nord |autor=Arnaud Balvay |editor=Memo |lingua=francés |dataacceso=19/01/2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20071029200142/http://www.memo.fr/article.asp?ID=MOD_DEC_009 |dataarquivo=29/10/2007 |urlmorta=si }}</ref><ref>{{Cita web |url=http://ambafrance-us.org/spip.php?article397 |título=1524-1778 : quand New York se nommait Angoulesme |editorial=The Embassy of France in Washington |lingua=francés |dataacceso=19/01/2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20100613090641/http://ambafrance-us.org/spip.php?article397 |dataarquivo=13/06/2010 |urlmorta=si }}</ref> Alcanzaron a desembocadura do [[Río Arcansas|Arcansas]] e volveron remontar o río tras comprobar que discorría cara ao [[golfo de México]] e non cara ao «mar de California» ([[océano Pacífico]]). Uns anos máis tarde, en [[1682]], [[René Robert Cavelier de La Salle|Cavelier de La Salle]] e [[Henri de Tonti]] descenden tamén o Mississippi ata o seu delta. Constrúen o ''Fort Prud'homme'' que se converterá máis tarde na cidade de [[Memphis, Tennessee|Memphis]]. En abril de [[1682]], a expedición chega á desembocadura do Mississippi; Cavelier de La Salle fai levantar unha cruz e unha columna que leva as armas do rei de Francia: a soberanía francesa esténdese desde ese momento á totalidade do val do Mississippi, chamado «Louisiane» ([[Luisiana (Nova Francia)|Luisiana]]) en honra do rei [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]]. A expedición utiliza o mesmo camiño cara a [[Canadá]] e La Salle regresa a [[Versalles]]. Alí, este último convence ao ministro da mariña para que lle conceda o mando da Luisiana. Faille crer que esta está próxima a [[Vicerreinado de Nova España|Nova España]] debuxando un plano sobre o cal o Mississippi aparece moito máis ao oeste que o seu curso real. Pon en marcha unha nova expedición, pero esta diríxese ao desastre: Cavelier de La Salle non consegue volver atopar o delta do Mississippi e é asasinado en [[1687]].
 
En [[1698]], [[Pierre Le Moyne d'Iberville]] explora á súa vez a desembocadura do Mississippi. Vinte anos máis tarde, o seu irmán Jean-Baptiste manda unha nova expedición á Luisiana. Este funda a cidade de [[Nova Orleáns]], bautizada así en homenaxe ao [[Rexencia|rexente]], o [[Filipe II de Orleans|duque de Orleans]], así como un forte preto da actual [[Baton Rouge]]. A principios do [[século XVIII]], [[John Law]] crea a Compañía de Occidente ou «Compañía do Mississippi». Escravos negros son transportados desde as [[Antillas]] para traballar nas [[plantación]]s. Outras cidades son fundadas polos franceses, por exemplo [[St. Louis, Missouri|St. Louis]] (1764).