Diferenzas entre revisións de «Revolución copernicana»

m
→‎Historia e características: Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica
m (→‎Historia e características: Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica)
 
Galileo albiscou que, en gran parte, as dificultades para comprender o movemento [[planeta]]rio estaban causadas polo [[xeocentrismo|modelo xeocéntrico]], e que tales dificultades desaparecían aceptando o [[heliocentrismo|modelo heliocéntrico]] proposto por Copérnico. En relación co estudo das traxectorias planetarias, en particular a de [[Marte]], sabíase que no [[século XVI]] non existía concordancia entre o que se podía predicir cos instrumentos de [[Claudio Tolomeo|Tolomeo]] e as verdadeiras traxectorias observadas no ceo. Os tolemaicos supoñían que cada planeta xiraba ao redor dunha circunferencia ([[epiciclo]]), cuxo centro, á súa vez, describía outra circunferencia ([[deferente]]) centrada na Terra. O astrónomo danés [[Tycho Brahe]], a mediados do século XVI, demostrou que a teoría fallaba e realizou novas e máis precisas observacións planetarias. Presentáronse entón dúas opcións: admitir, como o fixera antes Copérnico e logo Galileo e Kepler, que estaba fallando a teoría xeocéntrica, ou ben que as hipóteses auxiliares acerca do número e tamaño de epiciclos e outros recursos para a explicación eran insuficientes. Os tolemaicos adoptaran esta última postura durante moitos séculos até que Kepler puido explicar o que sucedía asignando a cada planeta unha única traxectoria elíptica ao redor do Sol. Desta maneira Kepler formulou as súas [[Leis de Kepler|leis do movemento planetario]].
 
A [[Mecánica clásica|mecánica]] de Newton mostrou que as leis galileanas e keplerianas se podían deducir a partir dos [[Principio (física)|principios]] da teoría que leva o seu nome. Desta maneira logrou unificar por vía dedutiva o que doutro modo quedaría como un conxunto disperso de leis empíricas. A miúdo conclúese que o proxecto da ciencia moderna encontra a súa culminación na física de Newton. A [[Mecánica clásica|teoría de Newton]], tal como foi presentada polo autor nos ''[[PhilosophiaePhilosophiæ Naturalis Principia Mathematica]]'', de [[1687]], é frecuentemente considerada como un dos logros máis espectaculares da [[historia da ciencia]].
 
== Notas ==
105.897

edicións