Diferenzas entre revisións de «Universo»

m
m (arranxiños)
Os antigos [[Babilonia|babilonios]] foron os iniciadores do estudo "do ceo", é dicir, da [[astronomía]]. Nesta época efectúanse os primeiros rexistros astronómicos sistemáticos. Os babilonios trataban de identificar os [[planeta]]s máis próximos á Terra, e desenvolveron un preciso sistema que lles permitiu predicir os movementos da [[Lúa]] e, por tanto, as [[eclipse]]s e, posteriormente, un [[calendario]] baseado nos desprazamentos do noso [[satélite]] (calendario, chamado ''lunar'', aínda hoxe utilizado nos países [[árabes]] e de [[cultura islámica]]). Descubriron numerosos astros, deron nome a algunhas [[constelación]]s, como as do [[zodíaco]] etc.
 
Aínda que os coñecementos astronómicos dos [[exipcioAntigo Exipto|exipcios]]s, coetáneos dos babilonios, eran inferiores aos destes, a [[Antigo Exipto|civilización exipcia]] incorporou moitos dos seus logros. Os antigos exipcios melloraron o calendario e comprobaron que algúns fenómenos naturais (como, por exemplo, as enchentes do [[Nilo]]) non coincidían con este. Destacaron tamén pola súa precisión (as pirámides están perfectamente orientadas aos catro [[Punto cardinal|puntos cardinais]]) e polo seu culto aos [[astro]]s, especialmente ao Sol ([[Ra]]).
 
Os antigos [[Grecia Antigaantiga|antigos gregos]] tamén contribuíron ao coñecemento do universo, recoñecendo a esfericidade da Terra, clasificando as [[estrela (astronomía)|estrelas]] pola súa magnitude etc. A partir do século VI a.C., dúas escolas de [[filosofía]] propuxeron concepcións diferentes do cosmos, aínda que con unha importante coincidencia: ambas postulaban unha orde intelixíbel e racional que permite describir e predicir os acontecementos celestes mediante a observación e o cálculo. A [[escola pitagórica]] explicaba o universo segundo un modelo matemático baseado na harmonía dos números. Pola súa parte, a [[escola platónica]] consideraba os [[corpoObxecto celesteastronómico|corpos celestes]] como entes obrigados a describir movementos circulares, o que permitía medir as súas [[Translación (movemento)|translacións]].
 
[[Aristóteles]] (Estaxira, 384 a.C. - Calcis, 322 a.C.), discípulo de [[Platón]], estableceu solidamente o ''[[modelo xeocentrista]]'' ao definir a forma do cosmos como unha serie de esferas concéntricas xirando ao redor da Terra. Este sistema non explicaba diferentes feitos, como as distancias fixas de [[Venus]] e [[Mercurio (planeta)|Mercurio]] con respecto ao Sol, pero polo menos daba aos acontecementos celestes unha explicación racional nos que a intervención divina se daba só na orixe e na final, non no transcurso. Baseándose neste sistema, [[Hiparco]] elaborou, no século II a.C., un catálogo de 850 astros e amosou que a Terra non estaba no centro xeométrico do universo, senón que era excéntrica respecto del.
Os científicos anteriormente citados sentaron as bases dos descubrimentos que se fixeron xa no século XVII grazas ao [[telescopio]]. [[Galileo Galilei]] (1564-1642) foi o primeiro que empregou este instrumento, desenvolvendo un [[telescopio|anteollo]] con capacidade de observación astronómica co que observou ''sombras'' no Sol e mais na Lúa, as fases de Venus e descubriu os catro satélites maiores de [[Xúpiter]], demostrando deste xeito que existen corpos celestes que non xiran ao redor do Sol. No entanto, as súas investigacións foron acollidas con grande hostilidade, especialmente pola [[Igrexa católica|Igrexa]], o que lle valeu un proceso -e unha condena, pese a súa retractación- perante o Tribunal do [[Santo Oficio]] ([[Inquisición]]).
 
Todo este progreso de ciencia culminou, na segunda metade do século XVII, con ''sir'' [[Isaac Newton]] (1642-1727) que ao formular a [[lei da gravitación universal]], dá un empuxe final ás teorías de Copérnico, quedando así as ideas xeocéntricas relegadas á historia. Na súa monumental obra ''[[PhilosophiaePhilosophiæ Naturalis Principia Mathematica]]'' (''Principios matemáticos da filosofía da natureza'') definíanse as leis do movemento, baseadas nos traballos de Kepler e Galileo. Newton perfeccionou os avances na observación coa construción do primeiro telescopio refractor, que permitiu novos descubrimentos, a fixación de cálculos astronómicos de gran precisión, e o seu emprego deu lugar á fundación dos [[observatorio]]s de [[París]] e de [[Greenwich]] ([[Londres]]).
 
A partir dese momento, e coa constante mellora dos instrumentos e métodos de observación, foron acadándose novos coñecementos que conduciron á visión actual do universo. O matemático suízo [[Leonhard Euler]] (1707-1783) perfeccionou o modelo das órbitas planetarias e demostrou de qué maneira estas cambian de tamaño e excentricidade segundo a atracción dos demais corpos celestes. O francés [[Jean Le Rond d'Alembert]] (1717-1783) estableceu a [[precesión]] da Terra, movemento retrógrado ao redor do polo da [[eclíptica]], e [[Joseph Louis Lagrange]] (1736-1813) e [[Pierre-Simon de Laplace]] (1749-1827) fixaron os límites das órbitas elípticas. Por outro lado, o alemán [[Carl Friedrich Gauss]] (1777-1855) atopou un modelo para determinar á órbita dun planeta.
104.562

edicións