Exipto (provincia romana): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 102:
En xeral, o grao de monetización e complexidade da economía, incluso ao nivel das vilas, foi intenso. Os bens se movian e intercambiaban por medio de moedas a gran escala e, nas cidades e nas vilas máis grandes, desenvolveuse unha alta actividade industrial e comercial en estreita conexión coa explotación da base agrícola predominante. O volume de comercio, tanto interno como externo, alcanzou o seu pico nos séculos I e II.
 
A finais do [[século III]], os principais problemas eran evidentes. Unha serie de devaluacións da moeda imperial socavaron a confianza nas moedas,<ref>{{cite book |first=Erik |last=Christiansen |title=Coinage in Roman Egypt: The Hoard Evidence |location= |publisher=Aarhus University Press |year=2004 |url={{Google https://books |plainurl=yes |.google.es/books?id=VkVmAAAAMAAJ }}&redir_esc=y }}</ref> e mesmo o propio goberno contribuíu a iso esixindo pagamentos de impostos cada vez máis irregulares en especie, que canalizaba directamente aos principais consumidores, o persoal do exército. A administración local dos [[concellos]] foi descoidada, recalcitrante e ineficiente; a evidente necesidade dunha reforma firme e intencional tivo que enfrontarse de cheo nos reinados de [[Diocleciano]] e [[Constantino I o Grande|Constantino I]].
 
== Militar ==