Diferenzas entre revisións de «Isoliña»

(→‎Tipos de isoliñas: ortografía)
{{enuso}}Unha '''isoliña''' (tamén chamada, '''isopleta''', '''liña de contorno, liña de perímetro, curva de nivel''', '''isógrama''' ou '''isaritma'''), é unaunha [[curva]] que conecta, nun mapa, os puntos nos que existe un mesmo valor constante da variable estudada.<ref>{{Cita web|url=http://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?op=ver&id=38060&buscado=&opcion=|páxina-web=Digalego|título=Isoliña|data-acceso=1-6-2019|lingua=gl}}</ref>
 
As isolíñas que se representan nun [[mapa]] son liñas, rectas ou curvas, que describen a intersección dunha superficie real ou hipotética cun ou máis planos horizontais. A configuración destas curvas permite aos lectores do mapa inferir o gradiente relativo da variable ou parámetro e estimar un valor nun lugar determinado.
A algunhas isoliñas adóitaselles dar un nome específico, que comeza polo prefixo «iso» (do [[Lingua grega|grego]] ''ισος'' (isos), que significa igual) segundo a natureza da variable que se mantén constante, aínda que en moitos campos fálase simplemente de curvas de nivel: a isoterma é unha liña de temperatura constante; a ''isóbara'' é unha liña de presión constante; e a '''isógona''' é unha liña ao longo da cal un ángulo se mantén constante (do grego iso-gonios = ''iguais'' ángulos).
 
O prefixo «iso» pode substituírse por «isallo» para especificar unha liña que une puntos nos que unaunha variable cambia ao mesmo ritmo durante un período determinado.
 
O uso de nomes específicos está moi estendido en Meteoroloxía, en que se usan nun mesmo mapa ou diagrama (xeralmente, isóbaras e isotermas) para presentar unaunha imaxe dos principais factores que afectan o tempo. As isoliñas empregadas en Meteoroloxía baséanse na xeneralización dos datos recibidos desde a [[estación meteorolóxica]]. As estacións de cando en cando colócanse exactamente nunha isoliña (cando o están, indica unaunha medición precisa igual ao valor da isoliña). En lugar diso, as liñas son debuxadas coa mellor aproximación dos valores exactos, baseados na dispersión da información dispoñible. Os mapas do tempo poden presentar datos recolleitos, como a presión de aire nun momento dado, ou unha extrapolación deses datos, como a presión media durante un período, ou os prognósticos de tempo, como a predición da presión de aire nalgún momento futuro.
 
Ademais destas isoliñas, en varios tipos de gráficos empregados en [[termodinámica]], [[enxeñaría]] e outras ciencias usan isóbaras (para amosar presións constantes), [[isoterma]]s (temperaturas constantes), [[isochors]] (para volumes específicos constante), ou outros tipos de isoliñas (ou curvas), aínda que estes gráficos non están xeralmente relacionadas con mapas. Esas isoliñas son útiles para a representación de máis de dúas dimensións (ou cantidades) en gráficos bidimensionais. Os exemplos máis habituais en termodinámica son algúns tipos de [[Diagrama de fases|diagrama de fase]].
26.087

edicións