Exipto (provincia romana): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Fendetestas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 45:
}}
 
A '''provincia romana de Exipto''' ({{Lang-la|Aegyptus}}, {{IPA-la|ae̯ˈɡʏptʊs|pron}}; {{Lang-grc-x-hellenel|Αἴγυπτος|translit=Aigyptos}} {{IPA-el|ɛ́ːɡyptos|}}) creouse no ano 30 a.C. logo de que Octavio (o futuro emperador romano [[Octavio Augusto]]) derrotara ao seu rival [[Marco Antonio]], depuxera á [[faraón|faraoa]] [[Cleopatra]], e anexara o [[Reino Ptolemaico]] ao [[Imperio romano]]. A provincia romana abarcou a maior parte do actual Exipto agás a [[península do Sinaí]] (que máis tarde sería conquistada por [[Traxano]]). Aegyptus limitaba coas provincias de [[Creta e Cirenaica (provincia romana)| Creta e Cirenaica]] cara ao oeste e [[Xudea (provincia romana)|Xudea]] (máis tarde [[Arabia Petraea]]) cara ao leste.
 
A provincia chegou a servir como un gran produtor de [[gran]] para o imperio e tiña unha economía urbana moi desenvolvida. Aegyptus foi, de lonxe, a provincia romana oriental máis rica,<ref>{{Cite book|url=https://books.google.com/books?id=rXmdAAAAQBAJ|title=Ancient Egypt: From Prehistory to the Islamic Conquest|last=Publishing|first=Britannica Educational|date=2010-04-01|publisher=Britannica Educational Publishing|isbn=9781615302109|language=en}}</ref><ref>{{Cite book|url=https://books.google.com/books?id=yDiDfipV4AIC&pg=PT461|title=The Inheritance of Rome: A History of Europe from 400 to 1000|last=Wickham|first=Chris|date=2009-01-29|publisher=Penguin UK|isbn=9780141908533|language=en}}</ref> e, de lonxe, a provincia romana máis rica fóra da [[Italia (provincia romana)|Italia]] romana.<ref>[[Angus Maddison|Maddison, Angus]] (2007), ''Contours of the World Economy, 1–2030 AD: Essays in Macro-Economic History'', p. 55, table 1.14, [[Oxford University Press]], {{ISBN|978-0-19-922721-1}}</ref> [[Alexandria]], a súa capital, posuía o maior porto, e era a segunda cidade máis grande do Imperio romano.
Liña 93:
O emperador Xustiniano aboliu a diocese de Exipto no 538 e volveu a unir o poder civil e militar nas mans do dux cun deputado civil (o praeses) como contrapeso ao poder das autoridades da igrexa. Toda pretensión de autonomía local desaparecera. A presenza dos soldados era máis perceptible, o seu poder e influencia máis xeneralizada na rutina da vida das cidades e vilas.
 
== EconomiaEconomía ==
[[Ficheiro:Periplous of the Erythraean Sea.svg|thumb|450px|[[Comercio e relacións indo-romanas | Comercio romano con India]] comezou desde Aegyptus segundo o [[Periplo do Mar Eritreo]] (século I).]]
Os recursos económicos que este goberno imperial tiña que explotar non cambiaran desde o período de [[Ptolomeo]], pero o desenvolvemento dun sistema de impostos moito máis complexo e sofisticado foi unha característica do goberno romano. Os impostos, tanto en efectivo como en especie, eran avaliados en terra, e os funcionarios nomeados recadaron unha desconcertante variedade de pequenos impostos en efectivo, así como cotas aduaneiras e similares.
Liña 104:
 
A finais do [[século III]], os principais problemas eran evidentes. Unha serie de devaluacións da moeda imperial socavaron a confianza nas moedas,<ref>{{cite book |first=Erik |last=Christiansen |title=Coinage in Roman Egypt: The Hoard Evidence |location= |publisher=Aarhus University Press |year=2004 |url={{Google books |plainurl=yes |id=VkVmAAAAMAAJ }} }}</ref> e mesmo o propio goberno contribuíu a iso esixindo pagamentos de impostos cada vez máis irregulares en especie, que canalizaba directamente aos principais consumidores, o persoal do exército. A administración local dos [[concellos]] foi descoidada, recalcitrante e ineficiente; a evidente necesidade dunha reforma firme e intencional tivo que enfrontarse de cheo nos reinados de [[Diocleciano]] e [[Constantino I o Grande|Constantino I]].
 
== Militar ==
Esta rica provincia podía ser mantida militarmente por unha forza moi pequena, a ameaza implícita dun embargo á exportación de subministración de grans, vital para a subministración da cidade de Roma e á súa poboación, era obvia. A seguridade interna estivo garantida pola presenza de tres lexións romanas (máis tarde reducidas a dúas, logo a unha [[Legio II Traiana fortis| Legio II Traiana]]) estacionadas na gran capital de Alexandría. Cada unha delas contaba con preto de 5000 efectivos, e varias unidades de auxiliares.
 
Na primeira década do imperio romano o espírito do imperialismo de Augusto miraba máis lonxe, intentou expandirse cara ao leste e cara o sur. A maioría das primeiras tropas romanas estacionadas alí eran greco-macedonios e exipcios nativos, que antes formaban parte do disolto exército de Ptolomeo que entraron ao servizo de Roma. Finalmente, os romanos ou os romanizados foron a maioría.
 
== Estrutura social no inicio do Exipto romano ==
 
[[Ficheiro:Egyptian - Mummy Portrait of a Man - Walters 323.jpg|thumb|left|150px|Cidadán do Exipto romano ([[retrato da momia Fayum]])]]
[[Ficheiro:Bust of Roman Nobleman, ca. 30 B.C.E.– 50 C.E., 54.51.jpg|thumbnail|Busto de nobre romano, c. 30 a.C-50 d.C., [[Museo de Brooklyn]]]]
[[Ficheiro:Egipto Hadrianeum.JPG|right|thumb|Posible representación da provincia de Exipto desde o Hadrianeum en Roma]]
<!-- Deleted image removed: [[Ficheiro:Octavian Karnak.jpg|right|thumb|200px|Unha representación de [[Augusto]] usando os [[nemes]] como faraóns exipcios .]] -->
 
A estrutura social en Exipto baixo os romanos era única e complicada. Por unha banda, os romanos seguiron empregando moitas das mesmas tácticas de organización que aplicaban os líderes do período ptolemaico. Ao mesmo tempo, os romanos viron aos gregos de Exipto como "exipcios", unha idea de que os nativos e os gregos rexeitarían.<ref name="Oxyrhynchus and Rome, p.3">{{cite journal |first=E. G. |last=Turner |title=Oxyrhynchus and Rome |journal=[[Harvard Studies in Classical Philology]] |volume=79 |issue= |year=1975 |pages=1–24 [p. 3] |jstor=311126 }}</ref> Para complicar aínda máis a situación, os xudeus, que estaban moi helenizados en xeral, tiñan as súas propias comunidades, separadas dos gregos e dos nativos exipcios.<ref name="Oxyrhynchus and Rome, p.3" />
 
Os romanos comezaron un sistema de xerarquía social que xiraba en torno á etnia e ao lugar de residencia. Aparte dos cidadáns romanos, un cidadán grego dunha das cidades gregas tiña o status máis alto e un exipcio rural estaría na clase máis baixa.<ref>{{cite journal |first=Richard |last=Alston |title=Philo's In Flaccum: Ethnicity and Social Space in Roman Alexandria |journal=Greece and Rome |series=Second Series |volume=44 |issue=2 |year=1997 |pages=165–175 [p. 166] |doi=10.1093/gr/44.2.165 }}</ref> Entre estas clases atopábase a metropolitaha, que era case con seguridade de orixe helénico. Gañar a cidadanía e subir posicións era moi difícil e non había moitas opcións dispoñibles para o ascenso social.<ref>{{cite book |first=Naphtali |last=Lewis |chapter=Greco-Roman Egypt: Fact or Fiction? |title=On Government and Law in Roman Egypt |location=Atlanta |publisher=Scholars Press |year=1995 |page=145 |isbn= }}</ref>
 
Unha das formas que moitos seguiron para ascender de clase social era a través do alistamento no exército. Aínda que só os cidadáns romanos podían servir nas lexións, moitos gregos conseguian entrar. Os nativos exipcios podían unirse ás forzas auxiliares e alcanzar a cidadanía despois de licenciarse.<ref>{{cite journal |first=Idris H. |last=Bell |title=Hellenic Culture in Egypt |journal=[[Journal of Egyptian Archaeology]] |volume=8 |issue=3/4 |year=1922 |pages=139–155 [p. 148] |jstor=3853691 }}</ref> Os diferentes grupos tiñan diferentes tipos de impostos en función da súa clase social. Os gregos estaban exentos do imposto de capitación, mentres que os habitantes helenizados das capitais dos nomes (subdivisión administrativa) pagaban menos impostos que os nativos exipcios, que non podian entrar no exército e pagaban o imposto completo.<ref>Bell, p.148</ref>
 
A estrutura social en Exipto está moi ligada á administración gobernante. Elementos do goberno centralizado derivados do período Ptolemaico duraron ata o século IV. Un elemento en particular era o nomeamento do [[estratego]] para gobernar os "[[Nome (Exipto) |nomes]]", as tradicionais divisións administrativas de Egipto. Os [[Bulé]], ou concellos municipais, foron oficialmente constituídos en Exipto por [[Septimio Severo]]. Foi máis tarde con [[Diocleciano]] no [[século III]] que estes bulé e os seus axentes acadaron importantes responsabilidades administrativas para os seus nomes. A toma de posesión de Augusto introduciu un sistema de servizo público obrigatorio, que se baseaba nos ''poros'' (cualificación baseada na renda ou riqueza), que estaba totalmente baseado no status social e no poder. Os romanos tamén introduciron o imposto ''per capita'' que era similar aos tipos de impostos que cobraban os Ptolomeos, pero os romanos aplicaron importantes descontos para os cidadáns das principais cidades (metrópoles).<ref> Lewis, p.141 </ref> Na cidade de [[Oxyrhynchus]] atopáronse moitos restos de papiros que conteñen moita información sobre a estrutura social nestas cidades. Esta cidade, xunto con Alexandría, mostra a diversa composición de varias institucións que os romanos seguiron empregando despois da toma de posesión de Exipto.
 
Así como na época de Ptolomeo, Alexandría e os seus cidadáns tiñan os seus propios privilexios e designacións especiais. A cidade capital gozou dun status máis elevado con máis privilexios que o resto de Exipto. Do mesmo xeito que baixo os Ptolomeos, o xeito primario de converterse en cidadán da Alexandría romana era a de mostrar ao rexistrarse para obter un [[demo]] que ambos pais eran cidadáns de Alexandría. Os Alexandrinos eran os únicos exipcios que podían obter a cidadanía romana.<ref>{{cite book |first=A. N. |last=Sherwin-White |title=The Roman Citizenship |location=Oxford |publisher=Clarendon Press |year=1973 |page=391 |isbn= }}</ref> Está comprobado que outras cidades, como Antinoópolis, tamén tiñan privilexios moi similares.
 
Se un exipcio común quería converterse nun cidadán romano, primeiro debía converterse en cidadán de Alexandría. O período de Augusto en Exipto viu a creación de comunidades urbanas con elites de terratenentes de orixe "[[Grecia antiga | helénica]]". Estas elites terratenentes lograron unha posición de privilexio e poder e tiñan máis autonomia administrativa que a poboación exipcia.
 
== Exipto cristián (33 d.C. - século IV) ==
 
O [[patriarca de Alexandría | Patriarcado de Alexandría]] fundouno [[Marcos o Evanxelista]] arredor do ano 42.
 
No ano 200 está claro que Alexandría era un dos grandes centros cristiáns. Os [[Apoloxética| apoloxistas]] [[Clemente de Alexandría]] e [[Oríxenes]] viviron parte ou toda a súa vida nesa cidade, onde escribiron, ensinaron e debatiron.
 
Co [[Edicto de Milán]] no 313, [[Constantino I]] acabou coa persecución dos cristiáns. Ao longo do [[século V]], o paganismo foi suprimido e perdeu aos seus seguidores, como o poeta [[Rutilio Tauro Emiliano Paladio|paladio]] observou amargamente. Mantívose agochado durante moitas décadas, o edicto final contra o paganismo foi emitido no 435, pero o graffiti de [[Philae]] no Alto Exipto demostra que o culto de Isis persistiu nos seus templos ata o século VI. Moitos xudeus exipcios tamén se fixeron cristiáns, pero moitos outros se negaron a facelo, quedando como a única minoría relixiosa considerable nun país cristián.
 
Cando a Igrexa exipcia obtivo a liberdade e a supremacía, quedou suxeita a un [[Cisma (relixión) | cisma]] e un conflito prolongado que ás veces acabou en [[guerra civil]]. Alexandría converteuse no centro da primeira gran división no mundo cristián, entre os [[Arianismo| arianos]], nomeados así polo sacerdote [[Ario]] de Alexandría, e os seus opoñentes, representados por [[Atanasio de Alexandría|Atanasio]], que converteuse en arcebispo de Alexandría no 326 despois de que o [[Primeiro Concilio de Nicea]] rexeitou as opinións de Ario. A controversia ariana causou anos de disturbios e rebelións durante a maior parte do [[século IV]]. Ao longo dunha delas, o gran [[Serapeum # Destrución do Serapeum de Alexandría | templo de Serapis]], a fortaleza do paganismo, foi destruído. Atanasio foi expulsado alternativamente de Alexandría e reintegrado como arcebispo entre cinco e sete veces.
 
Exipto tiña unha antiga tradición de especulacións relixiosas, o que permitiu prosperar unha variedade de controversias relixiosas. Non só floreceu o arianismo, senón que outras doutrinas, como o [[gnosticismo]] e o [[maniqueísmo]], nativas ou importadas, atoparon moitos seguidores. Outro desenvolvemento relixioso en Exipto foi o [[monasticismo]] dos [[pais do deserto]], que renunciaron ao mundo material para vivir unha vida de pobreza en devoción á Igrexa.
 
Os cristiáns exipcios tomaron o monacato con tal entusiasmo que o Emperador [[Valente]] tivo que restrinxir o número de homes que podían converterse en monxes. Exipto exportou o monacato ao resto do mundo cristián. Outro desenvolvemento deste período foi o desenvolvemento do [[lingua copta | copto]], unha forma da lingua exipcia antiga escrita co alfabeto grego suplementado por varios signos para representar sons presentes no exipcio que non estaban presentes no grego. Foi inventado para garantir a correcta pronunciación de palabras e nomes máxicos en textos pagáns, os chamados [[Papiros máxicos gregos]]. Os primeiros cristiáns adoptaron pronto o copto para estender a palabra do evanxeo aos nativos exipcios e converteuse na lingua litúrxica do cristianismo exipcio e permanece así ata hoxe.
 
O cristianismo foi rapidamente aceptado polas persoas oprimidas no Exipto romano do primeiro século. O cristianismo acabou estendéndose ao oeste cara aos [[bérberes]]. A igrexa copta estableceuse en Exipto. O cristianismo donatista mesturouse con prácticas e crenzas relixiosas africanas locais. Donatus e algúns outros bispos africanos saíronse do acordo cos romanos e os romanos perseguiron aos cristiáns do norte de África. Dende que o cristianismo mesturouse coas tradicións locais, nunca uniu o pobo contra as forzas árabes nos séculos sétimo e oitavo. Nos séculos VII e VIII, o cristianismo estendeuse a Nubia.<ref>History of Africa written by Kevin Shillington</ref>
 
==Notas==