Hermenéutica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8:
Existen dúas concepcións básicas da hermenéutica: Hermenéutica metodolóxica e Hermenéutica filosófica.
 
A '''hermenéutica metodolóxica''' foi entendida sucesivamente como Hermenéutica sacra (estudio dos principios [[metodoloxía|metodolóxicos]] a empregar na ''esexese'' dos textos bíblicos), ''Hermenéutica filolóxica'' (conxunto de regras encamiñadas á interpretación de textos relixiosos, literarios e xurídicos), Teoría xeral da interpretación (regras que afectan á interpretación de calquera expresión lingüística -concepción de [[Friedrich Schleiermacher|Schleiermacher]]-) e, por último, como ''Método das ciencias humanas'' ( aplicable a todo acto humano de comprensión, ben sobre textos ou ben sobre outras formas humanas de expresión artística e cultural ) . Segundo [[Wilhelm Dilthey]] a interpretación de calquera expresión cultural humana require dunha ''comprensión histórica''. En consecuencia, esta última ten que converterse no método específico de todas as ciencias humanas (''Geisteswissenschaften''). A hermenéutica proporcionaría as regras directrices da comprensión histórica, configurándose así na base metodolóxica das ciencias humanas (Historia, Socioloxía, Dereito etc.), en oposición á metodoloxía inductivista propia das ciencias da natureza (Física, Química etc.). Así, se o obxectivo das ciencias humanas é '''comprender''' o significado único e peculiar do evento estudiado, o das ciencias naturais consiste, en cambio, en '''explicar''' os fenómenos encadrándoos no marco dunha lei xeral.
 
A '''hermenéutica filosófica''' é unha proposta do pensador alemán [[Hans-Georg Gadamer]], efectuada a partir dos traballos de [[Martin Heidegger]]. Gadamer parte da tese heideggeriana de que a ''comprensión'' e a ''interpretación'' constitúen unha característica esencial da [[existencia]] humana. Existir consiste en estar constantemente interpretando, ben sexa a través das accións vitais cotiás ou da actividade científica en xeral. En consecuencia, desde un punto de vista humano, a hermenéutica (=fenómeno da comprensión) ten un alcance universal. A Hermenéutica filosófica quere determinar qué é a ''comprensión'' como fenómeno existencial básico, e non só como metodoloxía da interpretación de textos ou de determinadas ciencias.