Ray Allen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/grande
Liña 49:
A tempada [[2002]]-[[2003|03]] supuxo a última cos Bucks. A franquía de [[Wisconsin]] traspasouno xunto a [[Kevin Ollie]], [[Ronald Murray]] e unha primeira rolda condicionada do [[Draft da NBA|draft de 2003]] a Seattle SuperSonics a cambio de [[Gary Payton]] e [[Desmond Mason]]. Tras o cambio, o xogo de Allen mesmo incrementou de nivel, sendo nomeado para o Segundo Mellor Quinteto da NBA en [[2005]]. Con todo, por primeira vez despois de tres anos consecutivos, perdíase o All-Star. Ese ano tamén foi designado como [[Xogador Máis Deportivo da NBA]] e unha vez Xogador da Semana da [[Conferencia Oeste da NBA|Conferencia Oeste]] tras facer 28,3 puntos, 7,5 asistencias e 6 rebotes nunha semana onde os Sonics lograron un balance de 4-0. O seu debut en Seattle saldouse con 26 punto, 13 rebotes e 9 asistencias, rozando o triplo dobre na derrota ante [[Los Angeles Lakers]]. Ningunha lenda dos Sonics tivo un debut tan soado. As súas medias en Seattle foron de 24,5 puntos, 5,6 rebotes e 5,9 asistencias, ademais de ter un 92% en tiros libres. Nesta campaña alcanzou as 1.000 triplas.
 
Tanto na anterior campaña como na [[tempada 2003-04 da NBA|2003-04]], Seattle non se clasificou aos Playoffs. Allen volvía ao All-Star, ao que seguiría acudindo consecutivamente até [[2009]]. Ese ano tivo unha media de 23 puntos, 5,1 rebotes e 4,8 asistencias. Na [[tempada 2004-05 da NBA|tempada 2004-05]] gozou da súa única tempada en Playoffs cos Sonics. O equipo alcanzou as Semifinais de Conferencia, onde caeron ante [[San Antonio Spurs]]. Os seus números en postempada foron de 26,5 puntos, 4,3 rebotes e 3,9 asistencias. En [[agosto]] de [[2005]] foi renovado por Seattle cun contrato de cinco anos a razón de 80 millóns de dólares. A [[tempada 2005-06 da NBA|tempada 2005-06]] e [[tempada 2006-07 da NBA|tempada 2006-07]] foron as máis destacadas de Allen na súa carreira deportiva no que se refire a puntos por partido, con 25,1 e 26,4 puntos, respectivamente. O [[13 de xaneiro]] de [[2006]], foi suspendido pola NBA con tres partidos por unha pelexa con [[Keyon Dooling]]. O [[12 de marzo]] de [[2006]], Allen converteuse no 97º xogador da historia da NBA que anota 15.000 puntos. O [[7 de abril]] de [[2006]], Allen logrou colocarse na segunda praza na lista de máis triplas convertidos de todos os tempos tras un partido ante [[Portland Trail Blazers]], só por detrás do lendario [[Reggie Miller]]. O [[19 de abril]] de [[2006]], ante [[Denver Nuggets]], Allen rompeu a marca de [[Dennis Scott]] de máis triplas anotadas nunha tempada, coas súas 268. Ao final do encontro, recibiu unha grangrande ovación do seu público. Na [[tempada 2006-07 da NBA|2006-07]] asinou o seu mellor partido en anotación tras anotar 54 puntos fronte a [[Utah Jazz]], a segunda marca máis alta da historia dos Sonics, detrás dos 58 puntos de [[Fred Brown]] en [[1974]].
 
==== Boston Celtics ====