Jabba o Hutt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 125:
===''O retorno do Jedi''===
[[Ficheiro:Michelin Poster 1898.jpg|miniatura|205px|Imaxe de Bibendum "o boneco Michelin". A figura na que se inspirou Jabba é a da dereita.]]
Lucas baseou a imaxe xerada por ordenador do personaxe na aparencia que tiña orixinalmente Jabba en ''O retorno do Jedi'' de 1983. Nesta película, Jabba o Hutt é unha criatura inmensa, sedentaria e con forma de lesma, deseñada por [[Industrial Light & Magic]] Creature Shop de George Lucas. O especialista en deseño [[Ralph McQuarrie]] afirmou: «nos meus bosquexos Jabba era enorme, áxil, unha especie de figura parecida a un simio. Pero o deseño foi noutra dirección e Jabba converteuse máis nunha especie de becho».<ref>{{cita libro|nome=Laurent |apelido=Bouzereau |outros=Citando a Ralph McQuarrie |título=Star Wars: The Annotated Screenplays |lugar=New York |editorial=Del Rey |ano=1997 |páxina=239 |isbn=0-345-40981-7}}</ref> Segundo o documental ''From Star Wars to Jedi'' (1985), Lucas descartou os deseños iniciais do personaxe. Nun Jabba aparecía como un ser demasiado humano —case como o personaxe de [[Fu Manchu]]— mentres que noutro parecíase demasiado a un [[caracol]]. Lucas finalmente optou por un deseño intermedio entre os dous, que se inspirou nunha figura debuxada por [[O'Galop]] que flanquea unha representación primitiva de [[Bibendum]] —"o boneco Michelin"—.<ref name="StarWarstoJedi">{{cita audiovisual|título=From Star Wars to Jedi: The Making of a Saga |outros=Narrado por Mark Hamill |ano=1985 |formato=VHS |editorial=CBS Fox Video}}</ref> O deseñador de vestiario de ''O retorno do Jedi'' Nilo Rodis-Jamero comentou:
 
{{cita|A miña visión de Jabba era literalmente [[Orson Welles]] de vello. Vino como un home moi refinado. A maioría dos viláns que nos gustan son persoas moi intelixentes. Pero Phil Tippett seguía imaxinándoo como unha especie de lesma, como a de ''[[Alicia no País das marabillas]]''. Nunha ocasión esculpiu unha criatura que parecía unha lesma que fumaba" [...]<ref>{{cita libro|autor=Bouzereau |título=Annotated Screenplays |outros=Citando a Nilo Rodis-Jamero |páxina=239}}</ref>}}
 
==Produción e deseño==
Liña 157:
{{Cita|Unha forma de ver se estamos practicando un modo de vida adecuado é contrastalo co de Jabba o Hutt. Jabba o baldreo está metido dos pés á cabeza no camiño do lado escuro. Ocupouse principalmente do comercio ilegal de "especias", unha droga ilícita na galaxia de Star Wars. Tamén fixo negocios no comercio de escravos. El mesmo ten moitos escravos e algúns foron entregados ó Rancor, unha criatura que mantivo en catividade e atormentada no seu calabozo. Jabba usa o engano e a violencia para manter a súa posición.}}
 
Dende o lanzamento de ''O retorno do Jedi'', o nome de Jabba o Hutt converteuse en sinónimo de [[sobrepeso]] e [[Corrupción política|corrupción]] nos [[Medio de comunicación de masas|medios de comunicación]] estadounidenses e ten connotacións pexorativas —dicir que alguén «parece Jabba o Hutt» interprétase como un insulto relacionado co peso ou a aparencia da persoa<ref name="FatWars"/>—, por outra banda a expresión representa a cobiza e a anarquíadesorganización, especialmente no mundo dos negocios.<ref name="Kuiper"/>
 
Jabba o Hutt ascendeu ó número 4 na lista de personaxes ficticios máis ricos de ''Forbes'' Fictional 15 no ano 2008.