Jabba o Hutt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Dodro (conversa | contribucións)
Liña 151:
Na película ''[[Spaceballs]]'' (1987) de [[Mel Brooks]], paródica de ''Star Wars'', Jabba o Hutt foi parodiado no personaxe Pizza the Hutt, unha masa de queixo coa forma dunha porción de pizza, o nome é un xogo de palabras entre Jabba the Hutt e a franquía de restaurantes [[Pizza Hut]]. Ó igual que Jabba, Pizza the Hutt é un prestamista mafioso. O personaxe falece ó final de ''Spaceballs'' cando queda encerrado no seu coche e se come a si mesmo.
 
Dende o lanzamento de ''O retorno do Jedi'', o nome de Jabba o Hutt converteuse nos [[Medio de comunicación de masas|medios de comunicación]] estadounidenses en sinónimo de [[sobrepeso]] e [[Corrupción política|corrupción]]. O nome utilízase como un recurso literario, ben como símil ou como metáfora, para ilustrar defectos de conduta. Por exemplo, en ''Under the Duvet'' (2001), [[Marian Keyes]] refírese á [[Gula|apetencia pola comida]] dicindo: «saquei o pastel de aniversario, noto que se acerca o momento Jabba o Hutt». Do mesmo xeito, na novela ''Steps and Exes: A Novel of Family'' (2000) de Laura Kalpakian, utilízase a Jabba o Hutt para facer énfase no peso dun personaxe: «As rapazas adoitaban chamarlle ós pais de Janice: Jabba o Hutt e o Wookiee. Pero entón morreu Jabba (o pai de Janice) e non parecía correcto falar dos mortos desa forma». Na primeira novela de [[Dan Brown]], ''[[Digital Fortress]]'' (1998), un técnico da [[National Security Agency|NSA]] chámase agarimosamente Jabba o Hutt.
 
No seu libro humorístico e sobre a cultura popular ''The Dharma of Star Wars'' (2005), o escritor Matthew Bortolin intenta mostrar similitudes entre as ensinanzas budistas e os aspectos da ficción de Star Wars. Bartolin insiste en que se unha persoa toma as decisións que escolleu Jabba o Hutt, devandita persoa non está practicando o concepto espiritual axeitado do [[dharma]]. O libro de Bortolin resalta a idea de que o nome de Jabba é sinónimo de negatividade: