National Audubon Society: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
Lles (conversa | contribucións)
m Lingua
Liña 42:
=== O DDT, a caza de baleas e política ===
 
Durante o período psterior á [[Segunda GuerraMundialGuerra Mundial]], A National Audubon Society loitou con grangrande enerxía contra o uso do pesticida [[DDT]]. Xa na década de 1960 a sociedade fixo circular borradores de leis para establecer axencias de control de pesticidas a nivel estatal. En 1962 a publicación do libro ''[[Silent Spring]]'' polo membro de Audubon [[Rachel Carson]] deulle á campaña contra os "pesticidas persistentes" un enorme eco nacional. Despois da súa morte en 1964, a National Audubon Society creou un fondo dedicado expresamente a varios preitos legais na súa guerra contra o DDT.
 
Hoxe Audubon galardoa a mulleres destacadas en actividades a prol da conservación co prestixioso [[Premio Rachel Carson]]. Entre os laureados con este premio están Bette Midler, fundadora do Proxecto de Restauración de Nova York, a Dra. Sylvia Earle, oceanógrafa e fundadora da Deep Search International, Majora Carter, fundadora e directora executiva da Sustainable South Bronx, a actriz e activista conservacionista [[Sigourney Weaver]], e o presidente do Natural Resources Defense Council (NRDC) Frances Beinecke.<ref>[http://www.womeninconservation.org/2011.html Women in Conservation]</ref>