Ella Fitzgerald: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/grande
Liña 21:
Debutou como cantante aos 16 anos, en [[1934]], no ''Harlem Apollo Theater'' de [[Nova York]], gañando o concurso ''Amateur Night Shows'' coa canción ''Judy'', interpretada ao estilo do seu ídolo [[Connee Boswell]]. Tras unha breve colaboración coa banda de [[Tiny Bradshaw]], Ella conseguiu entrar na orquestra de [[Chick Webb]], convencida por un dos asistentes ás noites do Apollo, [[Benny Carter]].
 
Comezou a cantar coa banda de [[Chick Webb]] en [[1935]], no ''Savoy Ballroom'' de [[Harlem]]. O crítico [[George T. Simon]] escribiu na revista ''Metronome'' en xaneiro de 1936: «Aquí temos á número un de 1936... Ella Fitzgerald... a xoia de 17 anos que canta no ''Harlem' Savoy Ballroom'' coa estupenda orquestra de [[Chick Webb]], coa súa grangrande aptitude natural para o canto... unha das mellores... non hai razón para pensar que non chegue a ser a mellor dentro dun tempo». En 1937, a metade dos temas da banda contaban xa coa voz de Ella. Gravou unha serie de éxitos con eles, incluíndo ''If You Can't Sing It, You'll Have to Swing It'', pero non foi até a gravación da súa versión da [[nana]] ''A Tisket A Tasket'' en 1938 cando alcanzou directamente a fama. Durante esta etapa, Fitzgerald era esencialmente unha cantante de [[pop]] e [[Swing (música)|swing]] que daba o mellor de si nas baladas. Tiña unha fermosa voz, pero nin improvisaba nin practicaba aínda o [[scat]].
Efectuou numerosas gravacións con Louis Armstrong, Count Basie, Duke Ellington e en solitario.