Galiña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
m →‎Comportamento: arranxos lig. morta
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/grande
Liña 155:
É moi probable que os primeiros galos e galiñas chegasen a [[occidente]] a través da [[ruta da seda]]. Aproximadamente no [[2000 a. C.]] chegaron a [[oriente medio]]. En [[1500 a. C.]], os pitos chegaran a [[Antigo Exipto|Exipto]]. Existe evidencia de que os [[cultura exipcia|exipcios]] foron os primeiros en occidente en criar pitos, e este costume estendeuse despois ao redor do [[mar Mediterráneo|Mediterráneo]] polo [[mundo grecolatino]]. Nese momento, ademais de consumirse a súa carne e os seus ovos, usábase como [[ofrenda votiva|ofrenda]] [[rito|ritual]] nos [[culto|cultos relixiosos]]. [[Hipócrates]] fala sobre os animais consumidos en [[Grecia]], onde menciona aos porcos, xabarís, cervos, ourizos, galiñas, pombas e patos.<ref>[http://www.historiacocina.com/historia/articulos/gallina.htm Hai evidencia de que os... Consultado o 25 de xaneiro do 2009.]</ref> Á remota [[Iberia]] os pitos chegaron de mans de comerciantes [[Fenicia|fenicios]] a comezos do [[I milenio a. C.|primeiro milenio a. C.]]<ref name="Storey" /> Aproximadamente a partir do [[Século -VII|600 a. C.]] os pitos foron levados máis aló dos [[Alpes]] e estendéronse polo resto de [[Europa]].
 
Na [[baixa Idade Media]] considerábase ás galiñas como carne fina. O pobo tamén comía desta carne. A finais da [[Idade Media]] e no [[Renacemento]] europeo as galiñas teñen unha grangrande importancia na alimentación.<ref>[http://www.historiacocina.com/historia/articulos/gallina.htm Na Idade Media as galiñas... Consultado o 25 de xaneiro de 2009.]</ref>
 
Crese que a galiña foi o primeiro animal europeo que pisou o continente americano, dado que [[Cristóbal Colón]] embarcou galiñas na súa segunda viaxe. As razóns polas cales Colón levou á galiña na súa viaxe foron porque ocupaba pouco espazo, a súa alimentación non era complicada e ademais producía ovos.<ref>[http://www.historiacocina.com/historia/articulos/gallina.htm Pénsase que a galiña foi o primeiro animal... Consultado o 25 de xaneiro de 2009.]</ref>