Séneca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Polo modelo Biografía
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/grande
Liña 21:
Durante os oito anos seguintes, Séneca e Burro, a quen todos os historiadores romanos consideraron as persoas de maior valía e ilustración no contorno de Nerón, gobernaron de facto o Imperio Romano. Dito período destacaría por ser un dos de mellor e máis xusto goberno de toda a época imperial. A súa política, baseada no compromiso e na diplomacia máis que en innovacións e idealismo, foi modesta pero eficiente: tratouse en todo momento de refrear os excesos do mozo Nerón, ao tempo que evitaban depositar gran poder real nas mans de Agripina. Así, mentres Nerón se dedicaba, seguindo as instrucións de Séneca, a un ocio moralmente «aceptable», Séneca e Burro fixéronse co poder. Unha vez aí promoveron unha serie de reformas legais e financeiras, como a redución dos impostos indirectos, perseguiron a corrupción dos gobernadores provinciais, levaron a cabo una exitosa guerra en [[Armenia]], enviáronse expedicións para dar coas fontes do [[río Nilo]]... Durante este período nin Burro nin Séneca ocuparon ningún cargo institucional máis alá do de senadores, polo que exerceron o poder dende atrás, como meros conselleiros do mozo César.
 
Porén, conforme [[Nerón]] foi medrando, comenzou a desprenderse da «benigna» influencia de Séneca, que co paso do tempo, ía perdendo influencia sobre o seu pupilo. Este, que demostrara unha natureza cruel ao facer asasinar ao seu irmán, pronto comenzou a escoitar os consellos de membros da peor ralea da sociedade romana, meros arribistas que, como [[Publio Sulio Rufo]], viron unha grangrande oportunidade para desprazar a Séneca do poder. Foi Rufo o que, no ano 58, acusou a Séneca de manter relacións sexuais con Agripina, co que deu orixe a unha campaña de desprestixio na que o filósofo foi acusado de extravagancia nos banquetes, hipocrisía e adulación nos seus escritos e, sobre todo, excesiva riqueza. De feito, é probable que a inmensa riqueza de Séneca propiciara a súa caída fronte a Nerón, o cal non toleraría que un particular puidese facerlle sombra nese aspecto.
 
== Caída e morte ==