Xaquín Lorenzo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Precisar datas
Elisardojm (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5188340 de 91.117.91.197 (conversa) rv. info sen referencias
Etiqueta: Desfacer
Liña 9:
|nai = Joaquina Fernández Barcia
}}
'''Xaquín Lorenzo Fernández''', '''Xocas''',<ref>De nome completo, Xaquín María Perfecto Lorenzo Fernández. Usou o hipocorístico ''Xocas'' desde rapaz e como tal era coñecido en tódolos ámbitos, chegando a asinar algún traballo con este apelativo.</ref> nado en [[Ourense]] o [[23 de xuño]] de [[1907]] e finado en [[Facós, Lobeira, Lobeira|Facós]], [[Lobeira]], o [[19 de xullo]] de [[1989]],<ref>Tomamos como data da morte a que figura na lápida que cobre os seus restos no cemiterio de San Francisco, en Ourense. As biografías que publican a Real Academia Galega, a ''[[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada|Gran Enciclopedia Galega]]'' e Clodio González Pérez no nº 365 do ''Boletín da Real Academia Galega'' dan a data do 18 de xullo. Neste último texto escribe: ''A noitiña do 18 de xullo de 1989''. Vieiros.com [http://vello.vieiros.com/noticia.asp?Ed=6&N=3166] dá a data do 22 de xullo: ''Este xoves, 22 de xullo, cúmprese o 10º aniversario do pasamento de D. Xaquín Lorenzo Fernández, Xocas, mestre da etnografía galega''.</ref> (segundo a partida de defunción, a noite do 18 de xullo) foi unha personalidade senlleira da [[cultura de Galicia|cultura]] e da [[etnografía]] galegas, membro do [[Seminario de Estudos Galegos]] e da [[Real Academia Galega]] e principal impulsor da creación do [[Museo do Pobo Galego]]. En anos consecutivos recibiu o [[Premio Otero Pedrayo]] (1982), o [[Premio Trasalba]] (1983) e a [[Medalla Castelao]] (1984). Postumamente a RAG dedicoulle o [[Día das Letras Galegas]], no ano [[2004]], homenaxe que a [[Xunta de Galicia]] asumiu declarando o 2004 como ''Ano Xaquín Lorenzo''.
 
== Traxectoria ==