Oín, Rois: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/grande
Liña 29:
* Vestixios arqueolóxicos moi antigos, como torques de ouro que foron atopados nun monumento funerario prerromano da parroquia, ou un castro celta que nunca se escavou pero no que se poden observar os muros.
* Varios cruceiros, un deles feito por un home da aldea de Samil.
* Unha fonte natural e unha fonte que lle dá nome a unha familia, na aldea de Oín de abaixo; e unha fonte de 1960, que esta ao carón dun lavadoiro, e que foi un grangrande avance para a zona de Oín, Barro e Samil, que tiñan que ir lavar ao río de Seira, e despois deixar as pezas de roupa en toxos ou unhas árbores e recollelas ao día seguinte, e co lavadoiro, tiñan unha maneira máis práctica de lavar tanto roupa como la ou mantas.
* Os restos dunha casa reitoral, na que o último cura deixou de vivir en 1963, pero máis tarde foi vivir alí unha familia.
* O pombal, que está na mesma zona que o castro. O pombal ten unha historia vinculada: despois da guerra civil, os curas dos conventos foron obrigados a irse porque os saqueaban, e un foise para a casa reitoral da parroquia coas xoias do convento para conservalas ata que puidese volver ao a el. As persoas dos arredores eran sabedoras diso; entón, uns republicanos un día fóronlle roubar e deixaron o cura case morto, e os veciños que se decataron de que algo pasaba alí puxéronse nos arredores da casa e cando os ladróns saíron conseguiron escapar e a lenda di que se agocharon no pombal e que se atoparon restos das xoias alí.