Víctor Fraiz Villanueva: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m preposición
Xas (conversa | contribucións)
m corrixo erro
Liña 6:
Fillo do mestre Salustiano Fraiz Andón e de Manuela Villanueva Mosquera e sobriño do tamén mestre [[Vicente Fraiz Andón]]. Pasou unha larga tempada en [[Cuba]] co seu tío, e ao regreso a Galicia estudou Maxisterio na [[Escola Normal de Santiago de Compostela]]. Exerceu como mestre nas escolas de [[Ponte Caldelas, Ponte Caldelas|Ponte Caldelas]], onde fundou e dirixiu o periódico ''[[El Heraldo de Puente-Caldelas]]'' e organizou os exploradores, [[Vilaza, Gondomar|Vilaza]] ([[Gondomar]]) e [[Coia, Vigo|Coia]].
 
Membro do [[PCE]], foi secretario fundador de FETE-UGT. Dirixiu a revista ''[[NovaNueva Galicia (Vigo)|NovaNueva Galicia]]'' de [[Vigo]] (1927) e colaborou en publicacións como ''[[Escuela Vivida]]'', ''[[Escuela del Trabajo]]'' de Ourense e ''[[El Pueblo Gallego]]''. Co [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] tivo que fuxir ao monte, e pasou a [[Portugal]]. En represalia detiveron o seu fillo [[Víctor Fraiz Castellanos|Víctor]], e internárono no campo de concentración de San Simón, pero foi finalmente asasinado en agosto de 1936. Os seus fillos Vicente e Ramón tamén foron detidos. Victor Fraiz decidiu entregarse a cambio de que os liberaran e dun xuízo xusto. Pero foi encarcerado e xulgado en Vigo por rebelión militar e condenado a [[pena de morte]]. Foi executado no [[monte do Castro]] o [[14 de setembro]] de [[1937]].
 
== Obras ==