IES Sánchez Cantón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 31:
 
== O centro ==
No instituto impártese [[Educación secundaria obrigatoria|Educación Secundaria Obrigatoria]] (ESO), [[Bacharelato]] e os títulos de Técnico Superior en Animación de Actividade Física e Deportiva, Técnico Deportivo en [[fútbol]], Técnico Deportivo en [[balonmán]], Técnico Superior en fútbol e Técnico Superior en balonmán. O Instituto Sánchez Cantón ten unha extensión no [[Centro Galego de Tecnificación Deportiva]].
 
O centro conta cun paraninfo grande, aparcadoiro privativo, patio de deportes, pavillón polideportivo, biblioteca, cafetaría, varias aulas de audiovisual-informática, museo de ciencias naturais, museo de física e química, grupo de teatro<ref>{{Cita web|url=http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual2/course/view.php?id=507|páxina-web=www.edu.xunta.gal|título=Curso: Grupo de teatro do IES Sánchez Cantón|data-acceso=2019-01-31}}</ref>, revista Cartafol<ref>{{Cita web|url=http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual2/mod/book/view.php?id=16677&chapterid=1394|páxina-web=www.edu.xunta.gal|título=CARTAFOL: Cartafol. Nº 20|data-acceso=2019-01-31}}</ref> etc.
 
==Historia==
O Instituto de Pontevedra foi creado por Real Orde do [[30 de outubro]] de [[1845]] ao abeiro do ''Plan Xeral de Estudos'' (plan Pidal), que creaba un centro de ensino secundario en cada capital de provincia. A súa localización inicial foi no convento de San Bartolomé de Pontevedra (anterior colexio dos Xesuítas e [[Desamortización|desamortizado]] uns anos antes), actual edificio Sarmiento do [[Museo Provincial de Pontevedra|Museo de Pontevedra]]. En [[1880]] acolleu parte da [[Exposición Rexional de 1880|Exposición Rexional]] que acolleu a cidade.<ref name=":0">{{Cita libro|título=O instituto de Pontevedra Século e medio de historia 1845-1995|apelidos=Fortes Bouzán|nome=Xosé|editorial=Deputación de Pontevedra|ano=1997|ISBN=84-88363-96-6|ref=|apelidos2=Castelo Tettamancy|nome2=Mª Carmen|apelidos3=Fernández Arruti|nome3=Mª Carmen|apelidos4=Martínez Tobío|nome4=Mª Dolores|apelidos5=Mesejo Gozález|nome5=Casimiro|apelidos6=Núñez Fírvida|nome6=Mª Teresa|apelidos7=Rodríquez Gil|nome7=Rafael|apelidos8=Santillán Pedrosa|nome8=Elena|apelidos9=Valderrama Currás|nome9=Carmen}}</ref>
[[Ficheiro:Pontevedra capital, Instituto modernista Valle-Inclán.jpg|miniatura|esquerda|O Instituto de Pontevedra (posteriormente IES Sánchez Cantón) estivo nas instalacións do actual IES Valle-Inclán entre 1929 e 1971.]]
Despois pasou ó edificio da Escola Normal de Maxisterio (pertencente despois á [[Deputación de Pontevedra]]), e en 1929 construíuse un edificio novo a carón das [[ruínas de San Domingos]] (IES Valle-Inclán). En [[1963]] o Instituto de Pontevedra dividiuse en Masculino e Feminino. O Masculino trasladouse á localización actual a finais dos anos sesenta, inaugurada en [[1971]], e en [[1973]] recibiu o nome de [[Francisco Javier Sánchez Cantón|Sánchez Cantón]], historiador finado dous anos antes. O instituto estivo dirixido por [[Xosé Filgueira Valverde]] entre 1946 e 1976, ano da súa xubilación. O novo edificio presentaba problemas estruturais, e foi reconstruído de novo en 1986.
Liña 48:
* Retrato de [[Martín Sarmiento|Frei Martín Sarmiento]] mercado polo Instituto en 1859.
 
Por todo isto considérase o IES Sánchez Cantón como o herdeiro do antigo Instituto de Pontevedra (compartido co [[IES Valle Inclán]], que herdou o edificio, e cos outros institutos da cidade) e tamén do Instituto Masculino de Pontevedra. Deste xeito pertence á REDE [[Museo Pedagóxico de Galicia|MUPEGA]], que integra os institutos históricos de Galicia. Tamén participou activamente nas IV Jornadas de Institutos Históricos españois en xullo de 2010.<ref name=":1">{{Cita libro|título=Homo Sapiens, transmisor de coñecemento. Saberes humanos a través do patrimonio nos institutos históricos de Galicia|apelidos=Otero López|nome=Eladio|editorial=Xunta de Galicia Museo Pedagóxico de Galicia|ano=2018|ISBN=978-84-453-5313-4|ref=|capítulo=O IES Sánchez Cantón de Pontevedra e o seu legado histório|páxina=33}}</ref>
 
== Profesorado ==
Desde a súa creación foron pasando polo Instituto profesores<ref>{{Cita web|url=https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/aulavirtual2/mod/page/view.php?id=33779|páxina-web=www.edu.xunta.gal|título=Historia_SC: Profesorado (ilustres)|data-acceso=2019-01-31}}</ref> como: [[Juan Antonio Saco y Arce]], Luís M. Sobrino, [[Jesús Muruais|Jesús Muruais Rodríguez]], [[Emilio Álvarez Giménez|Emilio Álvarez Jiménez]], [[Víctor Said Armesto|Víctor Said-Armesto]], [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao|A. Daniel Rodríguez Castelao]], [[Antón Losada Diéguez|Antón Lousada Diéguez]], [[Ramón Sobrino Buhigas]], [[Ernesto Caballero Bellido|Ernesto Caballero]], [[Enrique Vidal Abascal]], [[Bibiano Fernández Osorio-Tafall|Bibiano Fernández-Osorio Tafall]]…
 
Coa Guerra Civil do 36 hai expedientes de depuración: [[Bibiano Fernández Osorio-Tafall|Bibiano Fernández-OsorioTafall]], Daniel Rodríguez Castelao, Echave Susaeta; e dous profesores ligados ao instituto: [[Antón Fraguas]] e Celestino Noya. Dous profesores da preparatoria son procesados e fusilados: [[Paulo Novás]] e [[Gonzalo Martín March]].
 
Na posguerra prodúcese o paso fugaz de [[Antonio Blanco Porto|Blanco Porto]] e o pintor [[Laxeiro]]. Imparten docencia no instituto entre outros: [[Aquilino Iglesia Alvariño]], [[Isidoro Millán González-Pardo|Isidoro Millán]], Marcelino García e, ademais, [[Xosé Filgueira Valverde]].
 
Nos finais do século XX, entre outros: [[Manuel Luis Casalderrey|Manuel Luís Casalderrey]], [[Adela Figueroa]], [[Anxo González Guerra]], [[Francisco Moldes Fontán|Moldes Fontán,]] [[Antonio de Ron]]...
Liña 70:
Na primeira parte do século XX pasan polo instituto: [[Francisco Javier Sánchez Cantón]], [[Xerardo Álvarez Limeses|Álvarez Limeses]], [[Antonio Blanco Porto|Blanco Porto]], [[José Loureiro Crespo|Loureiro Crespo]], [[Carlos Sobrino Buhigas|Sobrino Buhigas]], [[Xosé Filgueira Valverde|X. Filgueira Valverde]], [[Antón Fraguas]], [[Fermín Penzol]], [[Ramón María Aller|Ramón M. Aller Ulloa]], [[Antonio Puig Gaite]] etc<ref name=":0" />.
 
Nos anos da [[Guerra civil española|Guerra Civil]] e posteriores estudaron no instituto: [[Inmaculada Paz-Andrade]], os irmáns [[Alfredo García Alén|Afredo]] e [[Luciano García Alén]], [[Pío Cabanillas Gallas]], Abilio Bernaldo de Quirós etc.
 
Nos anos 1950-1960 foron alumnos [[César Portela]], [[Manuel Moldes|Manolo R. Moldes]], [[Francisco Cerviño]], [[Cándido Conde-Pumpido|Cándido Conde Pumpido]], [[Luciano Varela Castro|Luciano Varela]], [[Salomé Álvarez Blanco]], [[Víctor Freixanes]], [[Jaime Terceiro|Jaime Terceiro,]] [[Mariano Rajoy]], [[Miguel Anxo Fernández Lores]] etc.