François Boucher: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 21:
En cadros como "O almorzo", de [[1739]], mostra unha escena familiar con grande mestría, usando os membros da súa propia familia como modelos.
 
Este estilo intimista contrasta coas imaxes explícitas que pinta nos retratos das [[odalisca]]s, como se pode ollar na ''Odalisca morena'' (ca. [[1740]]). O rostro da muller é o de a súa propia esposa ([[Denis Diderot|Diderot]] dixo que Boucher estaba "prostituíndo á súa dona",<ref>Denis Diderot (1984), pp. 119-120.</ref> e, segundo lendas, o traseiro era o de [[Madame de Pompadour]]).
 
Ademais dos cadros, Boucher deseñou vestimenta para [[teatro]]s e tapices. Participou na decoración dos palacios de [[Palacio de Versalles|Versalles]], Fontainebleu e Choisy.