Alexandre VI, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m Lingua
m arranxiño
Liña 45:
Roderic Borja alcanzou o poder grazas ao [[nepotismo]] e mantívoo por el, conseguindo o seu ascenso dentro da xerarquía da Igrexa católica grazas á súa relación co papa Calisto III, de quen era sobriño. Esta relación familiar facilitoulle o acceso a [[Cardeal|Cardeal diácono]] e o desempeño de numerosos cargos de grande importancia dentro e fóra da [[Curia Romana]], que lle permitiron facerse coas influencias políticas e o prestixio que, finalmente, o levaron ao solio pontificio en 1492. {{Harvnp|Hibbert|2008|p=}}
 
Unha vez elixido [[papa]] como Alexandre VI, desencadeou e involucrouse en decenas de situacións políticas, envolvido en intrigas e nas tormentosas e traizoeiras relacións entre os poderes internacionais. Buscou a través de alianzas políticas e conspiracións facer que a súa familia se consolidase dentro da nobreza italiana e acrecentar en toda posible ocasión o seu poderío, tarefa que emprendeu en conxunto cos seus fillos, [[Xoán de Borja e Cattanei|Xoán]], [[César Borgia|César]], [[LucreciaLucrezia Borgia|LucreciaLucrezia]] e [[Jofré Borgia|Jofre]], os cales serviron como instrumentos das súas maquinacións [[política]]s.{{Harvnp|Puzo|2001|p=}}
 
A través da [[guerra italiana de 1494-1498]] e a [[guerra de Nápoles (1501-1504)]] enxeñouse para non só asegurar o seu poderío, senón para acrecentalo, valéndose das rivalidades entre as potencias da época e as tensións políticas entre as familias da aristocracia europea, conseguindo durante os 11 anos que durou o seu papado impulsarse ata a cima do poder na [[península itálica]].{{Harvnp|Puzo|2001|p=4}}