Antigo Réxime: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Definición: arranxiño
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/grande
Liña 12:
Desde o punto de vista dos [[reaccionario]]s inimigos da revolución, o termo Antigo Réxime foi reivindicado cun punto de nostalxia, seguindo o [[tópico literario]] do ''[[O paraíso perdido|paraíso perdido]]'' (ou o [[Jorge Manrique|manriqueño]] ''calquera tempo pasado foi mellor''). [[Charles Maurice de Talleyrand|Talleyrand]] chegou a dicir que "os que non coñeceron o Antigo Réxime nunca poderán saber o que era a dozura do vivir" (''ceux qui n'ont pas connu l'Ancien Régime ne pourront jamais savoir ce qu'était la douceur de vivre'').
 
A aplicación do termo ás estruturas económicas e sociais atribúese a [[Ernest Labrousse]],<ref>Soada pola súa concepción da historia en tres planos: económico, social e político. Desde o seu ''Crise de l’économie française à la veille de la Révolution'' (1944), que lle fixo gañar a súa cátedra na Sorbona, dedicouse a construír a [[historia económica e social]] do Antigo Réxime.</ref> e foi difundido pola contemporánea [[Escola de Annales]], con grangrande aceptación en España a través de [[hispanista]]s como [[Pierre Vilar]] ou [[Bartolomeu Bennassar]]. A súa utilización con este sentido, que non era usual antes, fíxose habitual polos autores do terceiro cuarto do século XX, como [[Antonio Domínguez Ortiz]], [[Gonzalo Anes]] ou [[Miguel Artola]], que terminaron por fixar o concepto na [[historiografía]] española. A aplicación do termo á [[historia das institucións]] españolas é moi anterior, pero parece que tamén se orixinou por influencia francesa, como é o caso da obra do hispanista de finais do XIX [[Georges Desdevises Du Dézert]],<ref>''L’Espagne de l’Ancien Régime. Les institutions'', París, 1899, traducido ao castelán no ano 1989 ''La España del Antiguo Régimen'', Madrid, FUE.</ref> recollida por Antonio Rodríguez Vila en 1897.<ref>RODRIGUEZ VILA, Antonio ''A España do Antigo Réxime'', en ''Boletín da Real Academia da Historia'', informe VII, cadernos I ao III, xullo-setembro, Tomo 31, ano 1897 (en castelán)</ref>
 
== Definición ==