Peter Paul Rubens: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/grande
Lles (conversa | contribucións)
m Lingua
Liña 25:
Foi o pintor favorito do rei [[Filipe IV de España]], o seu principal cliente, que lle encargou ducias de obras para decorar os seus palacios madrileños e foi o maior comprador na almoeda dos bens do artista que se realizou tralo seu pasamento. O ''Rei Planeta'' é por iso a principal causa de que a maior colección das súas pinturas que existe hoxe en día sexa a do [[Museo do Prado]], cuns noventa cadros (a cifra concreta varía segundo as fontes posto que a autoría dalgunhas das obras están en discusión), a gran maioría procedentes da Colección Real.<ref>{{cita web |url=http://www.museodelprado.es/exposiciones/info/en-el-museo/rubens/la-exposicion/ |título=Rubens |dataacceso=1 de febreiro de 2013 |editorial=[[Museo do Prado]]}}</ref> Tamén teñen unha importante representación da súa arte o [[Museo Real de Belas Artes de Antuerpen|Museo Real de Belas Artes de Antuerpen (Koninklijk Museum voor Schone Kunsten Antwerpen)]], a [[National Gallery]] de [[Londres]], a [[Pinacoteca Antiga de Múnic|Alte Pinakothek (Pinacoteca Antiga) de Múnic]] e o [[Museo de Historia da Arte de Viena|Kunsthistorisches Museum (Museo de Historia da Arte) de Viena]].
 
Posuía unha ampla formación [[Humanismo (filosofía)|humanista]] e tivo sempre un fondo interese pola [[Antigüidade clásica]]. "Estou certo de que para acadar a maior perfección na pintura é preciso comprender ósos antigos", afirmaba. Dominaba diversas linguas, incluído o latín, e chegou a exercer como [[diplomático]] entre distintas cortes [[Europa|europeas]]. Foi ademais ennobrecido tanto por Filipe IV de España como por [[Carlos I de Inglaterra]]. O tamén pintor [[Eugène Delacroix]], grande admirador seu, calificouno como o "[[Homero]] da pintura",<ref>{{cita web |título=Petrus Paulus Rubens |idioma=francés |url=http://www.larousse.fr/encyclopedie/personnage/Rubens/141745 |enciclopedia=Encyclopédie en ligne Larousse |editor=[[Editorial Larousse|Éditions Larousse]] |dataacceso=30 de decembro de 2012}}</ref> alcume co que é citado en ocasións.
 
== Contexto histórico ==