Johann Sebastian Bach: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/grande
Liña 238:
==== Órgano ====
[[Ficheiro:Orgelbuchlein title page.jpg|miniatura|Capa do ''Orgel-Büchlein''.]]
[[Ficheiro:Frauenkirche2006.jpg|miniatura|Réplica do grangrande órgano Silbermann sobre o altar da Frauenkirche (Dresde) onde Bach presentou por primeira vez pezas da súa colección ''Clavier-Übung III''.]]
A maior parte da produción organística de Bach corresponde á primeira parte da súa carreira, cando ocupou varios postos de organista. Despois de 1717 non exerceu máis esa función de xeito oficial, aínda que o seu interese polo instrumento xamais desapareceu. Boa parte parece ter sido música de ocasións, dado o xeito precario e disperso co que chegou aos nosos días, sen datación, sen indicacións de rexistros e moitas veces en copias de baixa calidade, xerando moitos problemas ao seu estudo moderno. Só no final da súa vida se preocupou por revisar, organizar e publicar diversos traballos en coleccións. Convencionalmente dividiuse esa parte da súa produción en dous grupos principais: un de pezas baseadas en himnos luteranos, e outro en pezas de inspiración libre, mais iso non implica a separación entre o seu uso litúrxico e non litúrxico, habendo superposición neste aspecto.<ref>{{Cita Harvard|Boyd|2006|sp=si|pp=46-49}}</ref>
 
Liña 393:
[[Ficheiro:Thomaskirche Choir.jpg|miniatura|Órgano da igrexa de S. Tomé en Leipzig.]]
 
{{Cita centrada |Todas esas notables realizacións, meu Fábio, consideraríalas de veras triviais se puideses erguerte dos mortos e ver ao noso Bach... como, con ambas mans e empregando todos os dedos, toca un clavicémbalo que parece consistir en numerosas cítaras, ou corre sobre as teclas do instrumento (o órgano)...; e como el, empregando por un lado as mans, e polo outro, con extrema rapidez, os pés, fai xurdir por encantamento, e sen axuda de ninguén, sucesivas ondadas de sons harmoniosos; eu digo, se puideses velo, como conseguía o que moitos citaristas e seiscentos executantes de instrumentos de vento xamais poderían conseguir, non soamente afinado e tocando ao mesmo tempo as súas propias partes máis dirixindo trinta ou corenta músicos, todos ao mesmo tempo, controlando este cun aceno de cabeza, aquel outro cunha batida do pé, un terceiro cun dedo de advertencia, mantendo o tempo e a afinación, dando unha nota aguda a un, unha grave a outro, e notas intermedias a algúns. Este home, só, de pé no medio do remuíño harmónico de sons, tendo a máis ardua de todas as tarefas, pode discernir en todo momento se un executante ameaza con perderse, e manter a todos os músicos en orde, recuperar calquera vacilación, inculcarlles seguridade e impedirlles que cometan erros. O ritmo está en todos os seus membros, absorbe todas as harmonías no seu oído sutil e profire todas as voces diferentes por medio da súa propia boca. GranGrande admirador como son da Antigüidade noutros aspectos, considero que este meu Bach engloba en si numerosos [[Orfeo]]s e vinte [[Anfión]]s.}}
 
Outro mito é que a obra de Bach caera no esquecemento inmediatamente despois da súa morte, e así permanecera ata ser resucitada a principios do [[século XIX]] por algúns entusiastas alemáns. As investigacións recentes, con todo, afirman que esa visión non é de todo correcta. Realmente a maior parte da súa produción desapareceu da vista xusto cando morreu o compositor, mais de moitos xeitos a súa memoria permaneceu e puido ser transmitida ás xeracións inmediatas.<ref>{{Cita Harvard|Applegate|2005|sp=si|p=200}}</ref> Varios dos seus fillos convertéronse en compositores reputados, e aínda que a maioría tivesen adoptado outras estéticas, mantiveron o nome de Bach vivo; Carl Philipp realizou interpretacións dalgunhas pezas vocais do seu pai a partir de [[1768]], incluíndo o ''Credo'' da ''Misa en Si menor'', e Wilhelm Friedemann fixo o mesmo, con aínda máis asiduidade, ambos encontrando unha boa resposta de público.<ref name="Geck, p. 27-29">{{Cita Harvard|Geck|2006|sp=si|pp=27-29}}</ref> Pouco despois Fasch comezou unha tradición de interpretacións dos seus [[motete]]s, e de seguido se fixeron accesibles edicións de ''[[Das wohltemperierte Klavier]]'', de ''[[Die Kunst der Fuge]]'', e dalgunhas [[cantata]]s. Os seus moitos alumnos tamén contribuíron legando ás xeracións seguintes a súa metodoloxía de ensino e con ela as súas pezas didácticas para teclado, como ''Das wohltemperierte Klavier'', as ''Invenións'' e outras. Críticos respectados como [[Friedrich Wilhelm Marpurg|Marpurg]], [[Ernst Ludwig Gerber|Gerber]] e [[Johann Nikolaus Forkel|Forkel]] publicaron notas favorables, e coleccionistas e amantes da "música antiga", como [[Gottfried van Swieten|Van Swieten]], [[Georg Poelchau|Poelchau]] e [[Christian Gottlob Neefe|Neefe]], buscaron os seus manuscritos, dispersos entre os seus fillos e alumnos, e divulgáronos entre un selecto grupo de coñecedores, onde estaban incluídos [[Joseph Haydn|Haydn]], [[Wolfgang Amadeus Mozart|Mozart]] e [[Ludwig van Beethoven|Beethoven]], que manifestaron a súa admiración polo vello mestre e foron influenciados por el. Grazas principalmente á intermediación de Poelchau, un gran número de partituras manuscritas puido ser preservado da destrución, acabando por encontrar abrigo na biblioteca da Singakademie e na Biblioteca Real de Berlín (actualmente depositadas na [[Biblioteca Estatal de Berlín]], que ata hoxe é o maior depósito de fontes orixinais da música bachiana). Mesmo así, o número daqueles que coñecían algo da obra bachiana a finais do [[século XVIII]] era reducido, e non dispuña de medios para diseminala a grande escala.<ref name="Geck, p. 27-29"/><ref>{{Cita Harvard|Applegate|2005|sp=si|pp=200-206}}</ref><ref>{{Cita Harvard|Geiringer|1966|sp=si|pp=339-340}}</ref>