Dodro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/grande
Liña 35:
'''Dodro''' é un concello da [[provincia da Coruña]] pertencente á [[comarca do Sar]]; está situado no suroeste da provincia, onde o [[río Ulla]] se funde coa [[ría de Arousa]]. O seu xentilicio é «{{Dic|dodrense}}» e ten o concello a súa capitalidade en [[Tallós, Laíño, Dodro|Tallós]]. Dista de [[Santiago de Compostela]] arredor de 24&nbsp;km e de [[Ribeira]] atopase a uns 35&nbsp;km, ten unha superficie de 36,1&nbsp;km² e segundo o [[IGE]], a 1 de xaneiro de 2015 tiña 2882 habitantes<ref name="IGE">[http://www.ige.eu/igebdt/selector.jsp?COD=1558&paxina=001&c=0201001002 Series históricas de poboación de Galicia]. Consultado o 7 de febreiro de 2016.</ref> (1396 homes e 1486 eran mulleres), cunha [[densidade de poboación]] de 81,27 hab./km².
 
O concello de Dodro conserva espazos naturais de grangrande importancia ambiental e paisaxística, como as [[Brañas de Laíño]] que se estenden a carón do río Ulla, constituíndo o espazo húmido máis grande de Galicia<ref name="dríade">Concello de Dodro: [http://www.concellodedodro.org/recursos-naturais Patrimonio natural; Brañas de Laíño]. "As Brañas son o espazo húmido máis grande de Galicia e albergan unha gran riqueza ambiental".</ref>, incluídas no ''Sistema Fluvial Ulla-Deza'' e declarada ''[[zona de especial conservación]]''<ref name="zec">44. ''ZEC Sistema Fluvial Ulla-Deza'' (ES1140001): [http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140331/AnuncioCA02-270314-0001_es.html DECRETO 37/2014, do 27 de marzo], polo que se declaran ''zonas de especial conservación'' os ''lugares de importancia comunitaria'' de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. Publicado no DOG o 31 de marzo de 2014.</ref>. Preserva moitos elementos tradicionais como os [[cruceiro]]s, os [[Muíño#Muíños de auga|muíños]], os [[Hórreo galego|hórreos]] e os [[Reloxo de sol|reloxos de sol]], exemplo da [[etnografía]] galega, en diferentes estados de conservación, ademais dunha rica tradición oral e escrita. [[Pazo]]s históricos que lembran a nobreza de antano e igrexas do [[barroco]] completan o patrimonio arquitectónico do municipio.
 
== Xeografía ==
Liña 690:
 
;Rutas de sendeirismo
Dodro ten amais das Brañas unha grangrande extensión de montes, nos que se poden admirar as paisaxes, os bosques e as vistas panorámicas do val do Ulla. Os itinerarios que se describen son de fácil acceso e están ben comunicados entre si polo que poderemos variar os percorridos ó noso parecer.
 
Hai tres itinerarios circulares polos montes do concello; o da Cruz de Avelán, o de Vigo e o de Lestrobe<ref>[http://www.concellodedodro.org/c/document_library/get_file?uuid=699d6333-3f4f-4c8f-bfa9-f2d0626c0cb0&groupId=12226 Itinerarios ambientais]</ref>. Descríbese tamén o itinerario circular de Imo e un percorrido polas Brañas de Dodro. Finalmente a Ruta literaria ''Pensa Nao'', baseada na novela de Anxo Angueira do mesmo título.