Jean-Baptiste Joseph Fourier: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
elimino sintaxe desbotada
m →‎Vida: arranxiños
Liña 17:
== Vida ==
 
Estudou cos [[beneditinoOrde de San Bieito|beneditinos]]s na Escola Superior de Auxerre, pero abandonou o seu camiño monástico para centrase no estudo das ciencias.
 
Participou na [[revolución francesa]] e, grazas á caída do poder de [[Maximilien de Robespierre|Robespierre]], salvouse de ser guillotinado. Incorporouse á [[Escola Normal Superior de París]], onde tivo entre os seus profesores a [[Joseph Louis Lagrange|Joseph-Louis Lagrange]] e [[Pierre- Simon Laplace]]. Posteriormente, ocupou unha cátedra na Escola Politécnica.
 
Fourier participou na expedición de [[Napoleón]] a Exipto en [[1798]]. Nomeado secretario perpetuo do instituto de Exipto o 22 de agosto de 1798, presenta numerosas memorias e dirixe unha das comisións de exploración do [[Alto Exipto]]. Entre as distintas funcións políticas ou administrativas que levou a cabo, destaca a de comisario francés no Divan. Á morte do Xeneral en Xefe do Exército de Oriente [[Jean Baptiste Kléber]] a mans dun fanático sirio na súa residencia no [[O Cairo|Cairo]], Jean-Baptiste Joseph Fourier, amigo e colaborador do Xeneral Kléber, é quen pronuncia o eloxio fúnebre, o [[17 de xuño]] diante do ''Instituto de Exipto''. Ao seu regreso a [[Francia]] en [[1801]], [[Napoleón I de Francia|Napoleón]] noméao prefecto de ''Isère'' entre [[1802]] e [[1815]]. Fourier presenta a [[Jean-François Champollion]] aos veteranos da expedición de Exipto.
 
Entrou na [[Academia de Ciencias Francesa]] en [[1817]] e ao cabo de cinco anos converteuse no secretario perpetuo das seccións de matemáticas e física.