Gran Premio de Suráfrica de 1977: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: +control autoridades using AWB
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Liña 264:
Na volta 22, o [[Shadow Racing Cars|Shadow]] do piloto italiano [[Renzo Zorzi]] retirouse da carreira cun fallo no motor e saíu fóra da pista polo lado esquerdo. Momentos despois de que o coche detívose nunha cima cega, o motor incendiouse. Dous comisarios correron pola pista con extintores para apagar o lume xa que a carreira continuaba. Nese mesmo momento, Pryce, no outro Shadow, e [[Hans-Joachim Stuck]], que pilotaba un [[March Engineering|March]]-[[Ford Motor Company|Ford]], coroaron a subida. Stuck esquivounos dando un volantazo, pasando moi preto do primeiro comisario, pero Pryce, que marchaba detrás do alemán non os veu, non tivo tempo de reaccionar antes de golpear o segundo comisario, Frederick Jansen Van Vuuren, quen morreu no acto.
 
No momento do impacto do coche co comisario, o extintor de incendios que levaba Jansen van Vuuren saíu voando e estrelouse contra a cabeza de Pryce, rompendo o ríxido casco do piloto. O impacto arrincou os restos do casco de protección de Pryce e fixo que a correa do queixo case decapitara ao piloto. O [[Shadow Racing Cars|Shadow]] continuou correndo pola recta principal a toda velocidade con Pryce aínda sentado detrás do volante. O coche finalmente saíu da pista na primeira curva de deixando ao [[Equipe Ligier|Ligier]] de [[Jacques Laffite]] fora da carreira no proceso. Todo o incidente foi filmado por un equipo de televisión que cubría a carreira.<ref>[http://www.f1complete.com/content/view/371/273/ Formula 1: List of Deaths] 11 May 2009. Accessed 2009-05-11. [http://www.webcitation.org/5gkL9gxIy Archived] 2009-05-13.</ref>
 
As lesións de Jansen Van Vuuren foron tan graves que, o seu corpo non foi identificado ata que o director da carreira convocou a todos os comisarios de carreira e viu que Van Vuuren non estaba entre eles.