Urano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Descubrimento: arranxiños
m →‎Denominación: arranxiños
Liña 27:
{{cita|Nos fabulosos tempos da antigüidade os planetas recibiron as denominacións de Mercurio, Venus, Marte, Xúpiter e Saturno, como os nomes dos seus principais heroes e divindades. No presente dificilmente sería aceptable recorrer ao mesmo método e chamar Xuno, Palas, Apolo ou Minerva, ao novo corpo celeste. A primeira consideración de calquera evento particular, ou incidente destacable, semella ser a súa cronoloxía: se nun tempo futuro cabe preguntarse, cando este último planeta foi descuberto? Podería ser unha resposta moi satisfactoria dicir, 'No reinado do rei Xurxo III'.}}
 
O nome proposto por Herschel non era popular fóra de Gran Bretaña, e ao pouco tempo foron propostas alternativas. O astrónomo [[Jérôme Lalande]] propuxo bautizar ao planeta como ''Herschel'', na honra do seu descubridor. O astrónomo sueco [[Erik Prosperin]] propuxo o nome de ''Neptuno'', que foi apoiado por outros astrónomos aos que lles gustaba a idea de conmemorar as vitorias da [[Royal NavalNavy]] británica no curso da guerra de [[Revolución Americana]] chamando ao novo planeta ''Neptune George III'' ou ''Neptune Great Britain''. Bode optou por ''Urano'', a versión latinizada do rei grego do ceo, [[Urano (mitoloxía)|Ouranos]]. Bode argumentou que ao igual que [[Saturno (mitoloxíadeus)|Saturno]] era o pai de [[Xúpiter (mitoloxíadeus)|Xúpiter]], o novo planeta debería levar o nome do pai de Saturno. En [[1789]], o colega de Bode na [[Royal Academy]] [[Martin Klaproth]] bautizou ao elemento que recentemente descubrira "uranium" para apoiar a elección de Bode. Finalmente, a suxestión de Bode foi a máis amplamente usada e fíxose universal en [[1850]] cando a HM Nautical Almanac Office, deixou de usar o nome de ''Georgium Sidus'' en favor de ''Uranus''.
 
== Órbita ==