Urano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiños
m →‎Descubrimento: arranxiños
Liña 16:
Herschel escribiu no seu diario "No coartil próximo a [[Zeta Tauri|ζ Tauri]] ... ben [unha] estrela nebulosa ou quizais un cometa". O [[17 de marzo]] anotou "Busquei o cometa ou a estrela nebulosa e atopei que se trataba dun cometa, xa que cambiara de lugar". Cando presentou o seu descubrimento á [[Royal Society]] continuou afirmando que atopara un cometa aínda que tamén implicitamente comparábao a un planeta.
 
Herschel notificou ao Astrónomoastrónomo Realreal, [[Nevil Maskelyne]], o seu descubrimento e recibiu esta resposta del o [[23 de arilabril]]: "Non sei como chamalo. É case tan probable que sexa un planeta normal movéndose nunha órbita case circular ao redor do Sol como un cometa movéndose nunha elipse moi excéntrica. Aínda non vin unha coma ou cola del".
 
Mentres Herschel continuaba describindo coidadosamente o novo obxecto como un cometa, outros astrónomos xa comezaran a sospeitar que non o era. O astrónomo ruso [[Anders Johan Lexell]] foi o primeiro en calcular a órbita do novo corpo, e a súa traxectoria case circular levouno á conclusión de que era un planeta e non un cometa. O astrónomo alemán [[Johann Elert Bode]] describiu o descubrimento de Herschel como "unha estrela en movemento que pode ser considerada ata a data un obxecto descoñecido como un planeta circulando máis alá da órbita de [[Saturno]]". Bode chegou á conclusión de que a súa órbita case círcular era máis propia dun planeta que dun cometa.