Globalización: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
arranxiños
Liña 9:
'''Factores que impulsan o seu desenvolvemento''':
* Apertura de mercados nacionais: [[Libre comercio]].
* [[Fusións e adquisición|Fusións]] entre empresas: [[Empresa multinacional|Multinacionais]].
* Eliminación de empresas públicas: [[Privatización]]s.
* Desregulación financeira internacional a favor do libre comercio: os [[Tratado de libre comercio|Tratados de libre comercio]].
Liña 30:
A '''globalización''' é un proceso [[Economía|económico]], [[Tecnoloxía|tecnolóxico]], [[sociedade|social]] e [[cultura]]l a grande escala,<ref name=GCSP>Al-Rodhan, R.F. Nayef and Gérard Stoudmann. (2006). [http://www.sustainablehistory.com/pillars-of-globalization/?rq=Definitions%20of%20Globalization Definitions of Globalization: A Comprehensive Overview and a Proposed Definition.] {{en}}</ref><ref name="Albrow">Albrow, Martin and Elizabeth King (eds.) (1990). ''Globalization, Knowledge and Society ''London: Sage. ISBN 978-0-8039-8324-3 p. 8. "...todos os procesos polos cales os pobos do mundo son incorporados nunha sociedade mundial única."</ref> que consiste na crecente [[Comunicación (linguaxe)|comunicación]] e [[interdependencia]] entre os diferentes países do [[terra|mundo]] unificando os seus mercados, sociedades e culturas, a través dunha serie de transformacións sociais, económicas e políticas que lles dan un carácter [[terra|global]]. A globalización é a miúdo identificada coma un proceso dinámico producido principalmente polas sociedades que viven baixo o [[capitalismo democrático]] ou a [[democracia liberal]] e que abriron as súas portas á [[revolución informática]], pregando a un nivel considerábel de liberalización e democratización na súa cultura política, no seu [[ordenamento xurídico]] e económico nacional, e nas súas relacións internacionais.
 
Este proceso orixinado na [[Occidente|civilización occidental]] e que se expandiu arredor do mundo nas últimas décadas da [[Idade Contemporánea]] (segunda metade do [[século XX]]) recibe o seu maior impulso coa [[Revolucións de 1989|caída do comunismo]] e o fin da [[Guerra fría]], e continúa no [[século XXI]].<ref>[http://books.google.com/ngrams/graph?content=globalization&year_start=1900&year_end=2008&corpus=15&smoothing=3&share= Google Books Ngram Viewer: Globalization]</ref> Caracterízase na economía pola [[Integración económica|integración das economías]] locais a unha [[economía de mercado]] mundial onde os modos de produción e os movementos de capital configúranse a escala planetaria cobrando meirande importancia o rol das [[Empresa multinacional|empresas multinacionais]] e a [[libre comercio|libre circulación de capitais]] xunto coa implantación definitiva da [[sociedade de consumo]]. O ordenamento xurídico tamén sente os efectos da globalización e vese na necesidade de uniformar e simplificar procedementos e regulacións nacionais e internacionais co fin de mellorar as condicións de [[competitividade]] e [[seguridade xurídica]], ademais de universalizar o recoñecemento dos [[dereitos constitucionais|dereitos fundamentais]] da cidadanía. Na cultura caracterízase por un proceso que interrelaciona as sociedades e culturas locais nunha cultura global. No tecnolóxico a globalización depende dos avances na conectividade humana ([[transporte]] e [[telecomunicacións]]) facilitando a libre circulación de persoas e a masificación das [[Tecnoloxías da información e a comunicación|TICs]] e o [[Internet]]. No plano ideolóxico os credos e valores [[Colectivismo|colectivistas]] e [[Tradicionalismo|tradicionalistas]] causan un desinterese xeneralizado e van perdendo terreo fronte do [[individualismo]] e o [[cosmopolitismo]] da sociedade aberta. Os medios de comunicación clásicos, en especial a prensa escrita, perden a súa influencia social ([[cuarto poder]]) fronte á produción colaborativa de información da [[Web 2.0]] ([[quinto poder]]).
 
Entrementres, na política, os [[goberno]]s van perdendo atribucións ante o que se denominou [[sociedade rede]], o activismo cada vez xira máis en torno ás [[Rede social|redes sociais]], estendeuse a transición á [[democracia]] contra os réximes despóticos, e en políticas públicas destacan os esforzos para a transición ao capitalismo nalgunhas das antigas [[dirixismo|economías dirixidas]] e a transición do [[feudalismo]] ao [[capitalismo]] en economías subdesenvolvidas dalgúns países aínda que con diferentes graos de éxito. Xeopoliticamente o mundo debátese entre a unipolaridade da [[superpotencia]] estadounidense e o xurdimento de novas potencias rexionais, e en relacións internacionais o [[multilateralismo]] e o [[poder brando]] volvesen os mecanismos máis aceptados pola comunidade internacional. A sociedade civil tamén toma protagonismo no debate internacional a través de [[Organización non gobernamental|ONGs]] internacionais de [[dereitos humanos]] que monitorean a actividade interna ou externa dos Estados. No ámbito militar xorden conflitos entre organizacións armadas non-estatais (e transnacionais en moitos casos) e os exércitos estatais ([[guerra contra o terrorismo]], [[Guerra contra as drogas|guerra contra o narcotráfico]] etc), mentres as potencias que realizan [[intervención armada|intervencións militares]] a outros países (usualmente aos considerados como [[Estado falido]]) procuran gañarse á [[opinión pública]] interna e mundial ao formar coalicións multinacionais e alegando o combate a algunha ameaza de seguridade non sen amplos debates sobre a lexitimidade dos conceptos de [[guerra preventiva]] e [[Inxerencia humanitaria|intervención humanitaria]] fronte ao [[principio de non intervención]] e de [[Pacifismo|oposición ás guerras]].
 
A valoración positiva ou negativa deste [[fenómeno]], ou a inclusión de definicións ou características adicionais para resaltar a inclusión dalgún xuízo de valor, poden variar segundo a ideoloxía do interlocutor. Isto porque o fenómeno globalizador despertou grande entusiasmo nalgúns sectores, mentres noutros despertou un profundo rexeitamento ([[Altermundismo|antiglobalización]]), habendo tamén posturas eclécticas e moderadas.
 
== Historia ==