Nebulosa protosolar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 3:
 
== Historia e características ==
Esta nebulosa solar foise condensando ao arrefriarse e achairando paseniñamente polo efecto combinado das [[forza]]s de [[gravidade]] e [[forza centrífuga|centrífuga]] formando, co tempo, a estrela central e os planetas. Partindo deste modelo [[Pierre- Simon Laplace]] formulou en [[1796]] unha teoría máis detallada, pero non máis acertada, da formación do sistema solar a partir dunha nebulosa rotante primixenea. O concepto moderno equivalente ao de nebulosa solar é o de [[disco de acrecemento]]. Tales [[Disco protoplanetario|discos]] ou nebulosas protoplanetarias puideron ser observados ao redor de estrelas moi novas.
 
A hipótese nebular baséase na observación de que todos os planetas orbitan ao redor do Sol no mesmo sentido e sobre un mesmo plano denominado [[eclíptica]] con lixeiras inclinacións con respecto a esta. Ademais, o plano da eclíptica coincide de maneira aproximada co [[ecuador]] solar.