Cuco real: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Liña 29:
Clasifícase na [[familia (bioloxía)|familia]] [[Cuculidae]] dentro da [[Orde (bioloxía)|orde]] [[cuculiformes]]. Os cuculiformes son aves de tamaño mediano, con plumaxes discretas e longas colas que teñen patas con dedos [[zigodáctilo]]s (dous dirixidos cara adiante e dous cara atrás). Os membros da familia Cuculidae adoitan caracterizarse por poñer os seus ovos nos niños doutras especies.
 
Describiuno cientificamente [[Carlos Linneo]] en [[1758]] na décima edición da súa obra ''[[Systema naturae]]'', co nome de ''Cuculus glandarius''.<ref>Caroli Linnæi. ''[http://www.biodiversitylibrary.org/item/10277#page/129/mode/1up Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classses, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis]'' Editio decima reformata '''1758''', Holmiæ, Impensis direct. Laurentii Salvii (Salvius publ.) p. 111.</ref> En 1829 foi trasladado como [[especie tipo]] ao [[xénero (bioloxía)|xénero]] ''[[Clamator]]'', creado por [[Johann Jakob Kaup]].<ref>[http://www.zoonomen.net/avtax/cucu.html Peterson, A. P. Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Cuculiformes]</ref> É unha especie [[monotípica]], é dicir, non se recoñecen [[subespecies]] diferenciadas.<ref>Frank Gill y David Donsker. ''[http://www.worldbirdnames.org/bow/hoatzin/ Hoatzin, turacos & cuckoos] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20180815120859/http://www.worldbirdnames.org/bow/hoatzin/ |date=15 de agosto de 2018 }}''. IOC World Bird List versión 5.1.</ref>
 
O nome do seu xénero, ''Clamator'', é a palabra [[latín|latina]] que significa 'gritador'. O nome específico é tamén de etimoloxía latina, xa que ''glandarius'' procede da palabra ''glans'', '[[landra]]' e literalmente significa 'landreiro', aínda que era ese o termo do latín tardío usado para referirse ao [[Garrulus glandarius|gaio]] (que come landras),<ref>Jobling, James A. (2010). ''The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. p. 110 y 173. ISBN 978-1-4081-2501-4.''</ref> o cal ten un parecido superficial co cuco real.