Diferenzas entre revisións de «Autorregulación»

m
Arranxiños
m (Arranxiños)
A '''autorregulación''' é o proceso de control que todo ser vivo exerce sobre as súas [[función (fisioloxía)|funcións]]. É o resultado de mecanismos adaptativos internos que traballan para axustar (ou mitigar) os seus sistemas biolóxicos en resposta a determinados estímulos externos.
 
Realízase mediante unha serie de reaccións químicas que se producen en diferentes [[órgano]]s (ou [[orgánulo]]s, no caso dos [[Organismo unicelular|unicelulares]]es) e que lle permiten ao ser vivo adaptarse e relacionarse co [[medio ambiente|medio]] que o rodea, tanto no que respecta ao ambiente físico como ao resto de seres vivos que habitan con el. Grazas a iso, o individuo pode buscar os seus alimentos, defenderse dos seus inimigos, buscar outros individuos de sexo oposto (no caso da [[reprodución sexual]]), adaptarse ás variacións do medio (e mesmo migrar a outras zonas máis apropiadas durante as estacións desfavorábeis) e, en fin, permanecer con vida no lugar en que habita.
[[Ficheiro:Male Lion and Cub Chitwa South Africa Luca Galuzzi 2004.JPG|250px|miniatura|esquerda|León macho adulto e cría comendo un búfalo]]
 
Nos animais, o proceso [[darwin]]iano de [[selección natural]], constitúe unha forma complexa de autorregulación: un sistema composto polas presas e os seus depredadores autorregúlase segudo un mecanismo descrito pola [[ecuación de Bernoulli]] e, se faltara, tanto as presas coma os depredadores desapareceían.
 
Os animais [[homerotermia|homeotérmicos]] (''de sangue quente'', na linguaxe corrente), deben esta condición a teren a súa temperatura corporal autorregulada, o que fai máis simple o desenvolvemento do [[embrión]]. [[Richard Dawkins]] sinala que o [[xenética|código xenético]] dos [[Amphibia|anfibios]] é máis complexo que o do home, e atribúe esa diferenza á complexidade acrecentada do desenvolvemento dos embrións a temperatura variábel.<ref>A velocidade dunha reacción química, incluídas as bioquímicas, case se duplica cando a temperatura aumenta en 10&nbsp;°C.</ref>
 
No [[home]], aínda que moitos sistemas do corpo posúen algún grao de autorregulación, obsérvanse máis claramente no [[ril]], no [[corazón]] e no [[cerebro]].<ref>[http://www.cvphysiology.com/Blood%20Flow/BF004.htm Autoregulation<!-- Bot generated title -->]</ref>
103.755

edicións